AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Un curso galego de chinés, entre os máis valorados do mundo
Imaxe de presentación de ChineseCom
O feito de ofrecer contidos en seis idiomas é un dos motivos do éxito do curso de chinés en liña ChineseCom, impulsado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta.

ChineseCom é unha das webs deste tipo máis visitadas do mundo. Con máis de 23.600 dende novembro de 2009, figura entre as catro máis valoradas polo principal buscador da rede a nivel internacional.

Ademais, é o único curso de chinés que existe en Europa que conta con tradución a unha lingua minoritaria, neste caso o galego. O proxecto Chinesecom desenvolveuse dentro do marco do programa europeo Lifelong Learning, no que participaron socios de seis estados europeos e mais a Universidade de Pequín. O seu éxito debeuse, entre outros motivos, ao seu carácter innovador e aos recursos multimedia dos que dispón.

O proxecto ten dez unidades de aprendizaxe e información cultural e xeral sobre China. Dispón de traducións en seis idiomas: galego, castelán, inglés, francés, alemán e italiano, o que tamén contribuíu ao seu éxito, debido a que a meirande parte dos cursos da lingua asiática só están en inglés.

O programa concibiuse para mellorar a competitividade das empresas europeas na China, promovendo a adquisición de competencias en mandarín e comprendendo a cultura do país. Mais tamén permite a formación da mocidade en lingua chinesa, como medio para lograr unha "inserción laboral privilexiada".

A pesar da súa curta traxectoria, o curso xa está a ser utilizado como material didáctico en universidades como a de Manchester ou Antuerpen e en varias delegacións do Instituto Confucio.


Fonte: Vieiros (09/03/2010)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 17-03-2010 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet