AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Máis topónimos deformados: 'Puentenuevo', 'Ferreira Valle Oro', 'Ginzo de Limia'...
Pasaron 27 anos desde que a Lei de Normalización Lingüística, no seu artigo 10 recolle que "os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega". Teremos que agardar outros 27 para deixar de tropezar con topónimos disparatados?

Lemos onte en Vieiros (09/03/2010):

"Cando aínda non rematou a polémica sobre o "Desván de los Monjes", a Xunta volve demostrar o seu desleixo pola toponimia nunha nota de prensa publicada o mesmo luns pola tarde na súa páxina oficial. Nun anuncio dos próximos apagamentos analóxicos, faise alusión á desconexión dos centros de "Puebla", "Puentenuevo", "Puentenuevo II" ou "Sanpayo".

Resulta paradoxal que se faga uso desas formas deturpadas xusto a carón do nome oficial e correcto do concello, A Pontenova. En calquera caso, estas prácticas son o reflexo doutras tantas que se poden comprobar na web do Ministerio de Industria. Así, por exemplo, na listaxe de centros emisores da TDT pódense ver formas como "Puenteceso", "Ferreira Valle Oro", "Jove", "Nogales", "Carballino", "Ginzo Limia", "Orense-Barbadanes", "Creciente" ou "Domayo", ademais das reproducidas na web da Xunta. É sintomático que non aconteza o mesmo coas formas catalás, correctamente transcritas polo departamento do goberno español."


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 08. Onomástica - Publicado o 10-03-2010 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet