A plataforma cidadá
Queremos Galego presentou este luns no Parlamento unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que esixe que se “garantan os dereitos lingüísticos dos cidadáns na súa relación coa Administración e no ensino”.
Ábrese agora o prazo para que a ILP sexa admitida a trámite ou non, decisión que se tomará nun mes. Unha vez admitida a trámite, iniciarase a recolla das 15 mil sinaturas necesarias para que se garantan os dereitos lingüísticos da cidadanía no seu trato coa Administración e no ensino.
Carlos Callón, o presidente da
Mesa pola Normalización Lingüística, unha das asociacións integrantes de
Queremos Galego, fixo un chamamento ao conxunto da cidadanía para que apoie esta iniciativa e lembrou que, tal e como xa dixo o anterior presidente da Real Academia Galega, Xosé Manuel Barreiro, e o seu actual dirxiente, Méndez Ferrín, “non houbo aínda nin a primeira medida do Goberno a prol do noso idioma”.
Fonte:
Vieiros (08/02/2010) e
Coordinadora de Equipas de Normalización Linguística de Ferrolterra.