AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Unha gabarra de música
Queremos achegarvos unha gabarra chea de música en galego. Atención: Falamos da mellor música en galego que se fixo nestes últimos anos e queremos que a escollades vós, os alumnos e alumnas do IES Breamo.

Nunha primeira fase confeccionarase neste blog, coa colaboración de tod@s vós, e de quen queira sumarse ás suxestións, unha relación de CANCIÓNS EN GALEGO DE TODOS OS ESTILOS DESTES ÚLTIMOS ANOS.

Nunha segunda fase realizarase no instituto unha VOTACIÓN na que cada alumno e alumna escollerá as súas cancións favoritas.

Agardamos aquí as vosas suxestións ao longo dos meses de febreiro e marzo para ir confeccionando a listaxe que someteremos a votación no instituto. Só tedes que deixar os vosos títulos favoritos nos comentarios deste artigo e logo engadirémolos á relación que ofrecemos en breve.

Por suposto, para inspirarvos, podedes escoitar e ver os vídeos musicais que nestes case tres anos fomos recollendo nas Gabarras. Pero tamén vos suxerimos que escoitedes toda a boa música que nos ofrecen as seguintes webs:

A REGUEIFA: www.aregueifa.net
MEGA: www.culturagalega.org/mega
GHASTAS PISTA: www.ghastaspista.com
KOMUNIKANDO: www.komunikando.net
FOLQUE: www.folque.com


Deixa o teu comentario (6) - Categoría: 00. Gabarra de Música - Publicado o 07-02-2010 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 GZ vs Sementar Sementarei - Son#blgtk08#iko dB( Dj Goro e Dj Christian)
Comentario por Edgar (08-02-2010 16:53)
2 Apagha a tele - #blgtk08#Dios ke te crew
Comentario por Edgar (08-02-2010 16:57)
3 A festa non vai parar- Dj son1ic ft isis
O merengue do porqu#blgtk08#iño, non me acordo de quen é pero escoiteina no a polo ghit
Comentario por Legas! (11-02-2010 09:14)
4 bilinguismo harmónico do Leo i Arremecághona!
unha versión moi coñera de Sould I Stay #blgtk08#Or Should I Go dos Clash
escoiteina ai anos no A Polo Ghit e aínda botei unhas risas...
Comentario por xoana (11-03-2010 18:17)
5 'A festa non vai parar' xa está na lista desde o inicio, mais, seguindo a túa suxestión, Legas, engadimos agora 'O merengue do porquiño'.

'O#blgtk08# bilingüismo harmónico' subímolo ao blog no apartado de música e tamén o engadimos á lista, pero botamos de menos unha versión con menos interferencias...
Comentario por As Gabarras (13-03-2010 20:28)
6 miña terra galega #blgtk08#de siniestro total
Comentario por o bacilon (12-04-2010 13:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet