Emilio José, creador de indietronic, vén de publicar o disco
Chorando apréndese, que está a ser extraordinariamente ben recibido polo público e tamén pola crítica, que fala del como dunha "pequena obra mestra", como "o disco máis sorprendente do ano" ou como "
o traballo máis importante do pop alternativo nacional de 2009".
Podemos escoitalo
no seu myspace e mesmo descargar os seus temas. Eis o videoclip que publicou no verán co tema Anju Kitahara e imaxes de "La familia crece":