Manolo cazolo é o personaxe dunha canción popular galega que nos amosa a face máis escura do que chamamamos tradición oral, a violencia machista como fenónemo normalizado aínda que, supoñemos, rexeitado pola maioría.
Machina, a banda de rock post-bravú de Cerceda, bérranos o retrouso "Manolo Cazolo matou a muller/ con sete coitelos e un alfiler" con toda a súa rabia, neste video-clip dirixido por Óscar Ansótegui. Manolo Cazolo convértese aquí nun personaxe de terror, implacable e sen rostro individual. Máis que os golpes, a súa violencia é o medo. O camiño é a elección, a liberdade dunha muller que nos mira buscando comprensión para saír desa prisión escura, na que un día afastado, entrou por amor.
|