AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Este domingo manifestámonos porque lle queremos ao galego

Cando a plataforma cívica QUEREMOS GALEGO botaba a andar no verán e convocaba unha manifestación para este outono, estaba arroupada pola Mesa, a CIG, o BNG, Esquerda Unida, o Sindicato Labrego Galego, os Comités, Galiza Nova, AS-PG, ADEGA, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Coordinadora de Traballadoras/es de Normalización Lingüística ou as fundacións Castelao e Pedrón de Ouro. Pero xa nese momento inicial, QUEREMOS GALEGO prevía que ?nun breve prazo? fosen moitas máis as entidades e persoas que se foses sumando, dado ?o interese? que, segundo indicaban, espertou a iniciativa, nun momento caracterizado ?polos profundos e continuos ataques que está a padecer a nosa cultura?.


E así foi, porque a estas alturas son máis de 400 as entidades e colectivos que secundan a manifestación do domingo 18 en Santiago.


Terra Galega, o Partido Socialista de Galicia, o Partido Galeguista e Coalición Galega foron os últimos en facer público o seu apoio. Pero non por ser os últimos son os menos importantes, porque na defensa do galego non importa a cor política, nin a opción normativa, nin nada que non sexa a defensa da nosa lingua común, a que nos identifica como pobo e nos une e nos fai estar no mundo como galegos e galegas. Por iso tamén vai haber votantes e afiliados do Partido Popular este domingo en Santiago e serán moi benvidos.



DECLARACIÓNS PARA A NOSA TERRA DE AGUSTÍN BAAMONDE, PORTAVOZ DE LINGUA PARA O PPDEG (7/10/2009)

DECLARACIÓNS PARA A NOSA TERRA DE FRANCISCO CERVIÑO, PORTAVOZ DE LINGUA DO PSDEG (14/10/2009)

DECLARACIÓNS PARA A NOSA TERRA DE BIEITO LOBEIRA, PORTAVOZ DE LINGUA DO BNG (15/10/2009)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 15-10-2009 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0