Desde hai varios anos a Universidade de Santiago de Compostela vén organizando os Cursos de galego para estranxeiros. Estes cursos constitúen un privilexiado espazo no que estudantes procedentes dos cinco continentes se afanan por aprender a lingua de Galiza e o conxunto da nosa cultura.
Esta reportaxe de 2002 tenta facer unha síntese da experiencia destes anos, amosando as declaracións de estudantes dos cursos que en moi pouco tempo aprenderon galego e fálano cun grao de corrección considerable, co obxecto de animar a aqueles alumnos e alumnas de Galicia que aínda non se atreven a falar en galego a que o falen.