AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Cursos de verán para estranxeiros 2009
No verán Santiago acolleu os CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS PARA ESTRANXEIROS 2009 como xa vén sendo tradición desde 1988.

Este ano houbo alumnado de Grecia, de Polonia, de Rusia, de Chile ou de Albacete. As orixes da xente que quere aprender galego son moi variadas, tanto como os seus motivos. Desde aqueles que se achegan á nosa lingua desde as filoloxías estranxeiras, até aqueles que o fan para comprender máis a nosa música ou os que atopan no galego unha ponte de unión cos países lusófonos. No Instituto da Lingua Galega (ILG) levan 22 anos ofrecendo esta posibilidade aos estranxeiros por medio de cursos de verán nos que se profunda no idioma, mais tamén na cultura, a literatura ou mesmo a paisaxe e xeografía galegas.

Nunha clase con acentos dos máis diversos puntos do mundo, na que se conxungan todo tipo de culturas, técense amizades e espértanse conciencias a prol da defensa da nosa lingua. Vieiros quixo compartir unha xornada cos alumnos do curso máis avanzado, na que se achegaron á pegada de Santiago de Compostela no noso imaxinario literario.

En Vieiros conversaron con eles sobre o seu interese polo galego, sobre a súa experiencia en Galiza, sobre as súas expectativas futuras con respecto á nosa lingua e mesmo deron a súa opinión sobre o tan manido conflito lingüístico que ocupa acotío as primeiras páxinas dos medios de comunicación (ver vídeos).


Fonte: Vieiros (17/07/2009)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 11-11-2009 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet