AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE
Baixo este lema, o 2 de xullo presentouse na rede unha nova iniciativa cidadá na defensa da lingua propia de Galicia. Entrando na páxina do mesmo nome pódese ler e apoiar este manifesto:


GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE


Ata hai pouco tempo era un valor compartido, que formaba parte dos consensos básicos sobre os que se articulaba o autogoberno de Galicia, que o idioma galego era merecente dunha especial protección por parte dos poderes públicos. Ese valor partía da subordinación histórica dun idioma que foi sempre o das maiorías populares pero que tamén estivo sempre discriminado ou proscrito, salvo nos períodos en que Galicia e España gozaron da democracia. A liberdade e o dereito ao uso do idioma propio foron historicamente da man.

A pretensión de facer crer nunha inexistente imposición lingüística disimula o intento de liquidación do idioma galego e de supremacía do castelán. Os que tal sosteñen queren evitar a presenza do galego nas súas vidas para pecharse en ámbitos en que o castelán sexa o único idioma. Pero Galicia é unha sociedade na que se falan dúas linguas que, non se pode negar, están en situación de desigualdade, polo que o galego debe recibir unha especial protección. Só así se poderá afirmar que se actúa en xustiza e na procura da igualdade entre os dous idiomas.

Esa é a letra e o espírito da Constitución, do Estatuto de Autonomía, e da vixente Lei de Normalización Lingüística. As sentenzas do Tribunal Constitucional así o confirman. Sen embargo, o PP saíu do consenso. Pero gañar unhas eleccións non autoriza a destruír o que é unha das bases da convivencia na nosa sociedade e un dos signos da nosa existencia como país.

A sociedade galega que sente aprecio cara á súa lingua –independentemente de cal sexa o idioma no que se expresa usualmente– debe reclamar unha volta do PP a un terreo común, así como mostrar o seu acordo coas políticas de afirmación positiva para o idioma galego, que o propio PP impulsou desde a Xunta, e que non buscan senón a súa protección. O idioma de Galicia é un patrimonio da humanidade que debemos custodiar e garantir como medio de comunicación e información.



Se queres deixar constancia da túa adhesión pública ao manifesto, lembra que podes facelo en GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE.



Máis información en: Vieiros (2/07/2009)


Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 05-07-2009 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Antes de nada, parabéns polo blog.
Quería dicirvos que como tiña pouco tempo me tomei a liberdade de copiar e pegar esta entrada vosa tanto no meu blog como no blog As falangueiras (http://asfalangueiras.b#blgtk08#logspot.com/) que é o blog do ENDL do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. Se houbese calquera problema poñédevos en contacto comigo e retiro as copias. Moitas grazas. Saúdos.

Pilar Ponte Patiño
Comentario por Aprofa (09-07-2009 11:36)
2 É unha ledicia que copies e pegues esta información, que á súa vez foi copiada e pegada. E parabéns polo teu traballo interesantísimo no b#blgtk08#log A profa (e nos seus anexos), que incluímos nos blogs de lingua e literatura recomendados, así como o que fas no blog As falangueiras.
Comentario por As Gabarras (15-07-2009 09:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet