A banda compostelá
Som do Galpóm presenta o vídeo da súa canción "Quedamos nesa praza", incluído no seu LP
Em terra de ninguém, que foi estreado este xoves na FNAC da Coruña
En palabras do cantante da banda, Gael Bassave, "foi unha experiencia que nos achegou ao mundo da música profesional". Pola súa banda, os responsábeis do clip, o equipo de Verve Audiovisual, salientan a dificultade da técnica empregada, unha 'dobre stop motion', un traballo de creación de movemento a partir de fotos estáticas para o que tiveron que usar máis de 1000 fotos e 25 metros de cinta de dobre cara.