AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Nova Escola Galega chama á participación activa na manifestación do 17 de maio en defensa do idioma


NOVA ESCOLA GALEGA realiza este chamamento porque, sen dúbida, o momento que vive o idioma de Galicia na actualidade é o máis transcendente desde a propia aprobación da Lei de Normalización no ano 1983.

Entende NOVA ESCOLA GALEGA que a sociedade debe darlles resposta, serena pero contundente, tanto aos grupúsculos minoritarios que día tras día difunden datos falseados sobre a situación do idioma, como ao goberno autónomo, que reiteradamente se ten manifestado predisposto a agarrarse a tales difamacións para poñer en marcha medidas que fagan dar pasos atrás no proceso de normalización do idioma.

Lamenta NOVA ESCOLA GALEGA que a convocatoria sexa asinada exclusivamente por unha única entidade, sen ter contado para iso con toda a armazón social disposta a saír á rúa neste momento, pero son precisamente os acontecementos que se están a vivir os que deben facer que a participación sexa masiva, sen máis.

Segundo se desprende do último número do boletín NOVA ESCOLA GALEGA-OPINA, no que se ofrecen os datos máis recentes sobre a saúde do galego, pode concluírse que son só as persoas galego-falantes as que teñen auténticas opcións de ser bilingües.

NOVA ESCOLA GALEGA reclama do novo goberno galego responsabilidade e sentido de país na acción política sobre a lingua e a cultura.

Fonte: Nova Escola Galega


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 13-05-2009 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0