AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Máis apoios á manifestación do 17 de maio en Santiago polo idioma que nos une
O galego, a nosa columna vertebral. O idioma que nos une!
Xa son máis de cen as entidades e institucións de diverso tipo que enviaron o seu apoio á manifestación que, baixo o lema ?O galego, a nosa columna vertebral. O idioma que nos une!?, convocou a Mesa pola Normalización Lingüística para o próximo 17 de maio e que sairá ás 12 do mediodía da Alameda de Santiago.

A Mesa agarda que esta sexa "unha manifestación histórica en defensa da lingua que nos une como galegas e como galegos. Para reivindicarmos o dereito básico a podermos vivir no noso idioma propio, o cal debe ser garantido polos poderes públicos".

Non é a primeira manifestación que se fai no día das Letras Galegas, aínda que este ano non se trate dunha manifestación máis, porque as cousas parecen indicar que nunca a situación do galego fora tan preocupante, e non só polos últimos datos publicados pola RAG segundo os cales se reduciu á metade o número de persoas que fala habitualmente galego, senón porque por primeira vez desde a existencia da Xunta de Galicia, as primeiras medidas que toma un goberno da Xunta son en contra da lingua propia dos galegos, pese ao que dita o Plan Xeral de Normalización Lingüística de Galicia aprobado por unanimidade no ano 2004, a propia Lei de Normalización Lingüística do ano 1983 ou mesmo os tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos defendidos polo Consello de Europa.

Máis información na web da Mesa pola Normalización Lingüística.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 13-05-2009 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0