CONTINÚA ABERTA A CAMPAÑA DE APOIOS DOS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA AO
MANIFESTO QUE ARRINCOU A COMEZOS DE ABRIL.
O texto, avoga por manter a actual lexislación lingüística que busca que os nenos e nenas teñan competencias orais e escritas en galego e castelán ao acabar o ensino obrigatorio, porque só desde o coñecemento se pode ser libre.
Se o ENDL do voso centro aínda non se sumou, aínda estades a tempo no enderezo
www.coordinadoraendl.org
Ademais, debido ás peticións recibidas de moitos e moitas docentes, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística abriu o seu manifesto a todo o profesorado galego, que se pode adherir na seguinte ligazón:
www.coordinadoraendl.org/docentes.php ou a través do fax 981.800.064
No día de hoxe o manifesto xa conta coa adhesión de 475 equipos de centros educativos públicos e privados e máis de 1000 profesores e profesoras.