AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

O Selo Violeta
Os amigos do blogue Ponte Vella agasalláronnos co Selo Violeta. Se recibir un agasallo sempre é agradable, moito máis o é aínda cando está envolto na cor violeta da maxia.



Cóntannos que: “O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".



As regras para aceptar o Selo Violeta son:

- Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras.
- Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
- Avisárllelo aos indicados, non hai que esquecerse diso!
- Escribir dous poderes máxicos que imaxinaches ter.

Por suposto, nós aceptamos o Selo Violeta e declaramos que para nós tamén son Blogues Violeta:

Son de Poetas

Mil Primaveras

Na lingua de todos

E deixamos aquí escrito, para quen o queira saber, que os nosos dous poderes máxicos, na realidade superpoderes, son o cariño ilusionante dos que nos len e a forza da nosa lingua, que é como a raíz do toxo verde...


Deixa o teu comentario (4) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 22-04-2009 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Grazas por este bonito e simpático agasallo. Un séntese mellor acompañado con xente que sente a nosa terra e que traballa por ela. A cor violeta é máxica, por uns días está sendo para#blgtk08# nós. Tamén o azul desta "Gabarra" inspira o azul das nosas rías e do noso mar, e porque non, da nosa bandeira.

Un saúdo a toda a tripulación da vosa Gabarra.
Comentario por Milprimaveras (22-04-2009 17:03)
2 Moitas grazas dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI don Aurelio de Cuntis por este agasallo, sobre todo por vir das Gabarras e por vérmonos acompañad@s de Milprimaveras e S#blgtk08#on de Poetas, blogues cos que tecer unha inmensa e vital tea de vontades pola nosa lingua.

En Cuntis non temos mar, temos fermosos ríos, por eles chegou hoxe o alento da vosa gabarra.
Comentario por Na Lingua de Tod@s (22-04-2009 18:20)
3 É un pracer compartir este agasallo violeta convosco. As travesías, xa #blgtk08#sexan marítimas, xa sexan fluviais, fanse moito mellor en boa compaña.
Comentario por As Gabarras (22-04-2009 21:48)
4 Faltabamos nós por agradecervos este suxestivo regalo. E#blgtk08#stamos encantados de compartir convosco a maxia da rede.
Comentario por autor@s (28-04-2009 20:03)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet