AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Sobre os nosos nomes e apelidos

Se entras na páxina CHÁMATE CON XEITO podes descubrir se existe unha forma galega para o teu nome e apelidos. Pero tamén podes saber como te chamarías e apelidarías en correcto castelán. Ademais na web tamén se pode descargar a lexislación e os impresos legais necesarios para galeguizar nomes e apelidos.

A páxina forma parte dunha campaña informativa que vén de lanzar a A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, que convida a reflexionar "acerca de como nos chamamos, de como nos chamaron e de como deberían ser os nosos nomes en galego e en castelán." Pois, como di o profesor Xosé Henrique Costas, un dos responsables da campaña en prol da regaleguización dos nosos nomes e apelidos, “cada persoa é dona de como se quere chamar, pero sen coñecemento non hai liberdade”. (en Vieiros)

Costas explica que “do mesmo xeito que ocorreu cos topónimos, moitos apelidos galegos foron acastrapados ou deturpados pola influencia do castelán, e que hai unha forma galega”.

En palabras de Ana Isabel Boullón, profesora da Universidade de Santiago, experta en onomástica e colaboradora nesta iniciativa, "trátase de restituír algo que era galego e que foi cambiado" (en Faro de Vigo)", pois arredor dun 16% dos apelidos sufriron un proceso de “castelanización anárquica”, pero no caso dos nomes a castelanización é moito máis evidente: “Primeiro polas imposicións do reino de Castela e da Igrexa e logo durante o franquismo coa lei de rexistro civil que obrigaba a poñerlle aos nenos e nenas nomes casteláns" (en Vieiros).


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 08. Onomástica - Publicado o 19-11-2008 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet