AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

A festa do amor
Segundo nos informan desde a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua, o 2 de febreiro, día da Candeloria, é cando “casan os paxariños”, e tradicionalmente foi o día dos namorados en Galiza.

Aínda que a festa do 2 de febreiro parece ser que naceu pola procesión realizada dentro da igrexa con candeas benditas, en Galiza a celebración sempre foi máis aló do relixioso e encheuse de significado no mundo agrario. Converteuse na data na que “casan os paxariños”, polo que se instaurou como a festa do amor.

Aínda así, por diversas razóns, sobre todo comerciais, o 14 de febreiro, día de San Valentín, patrón dos namorados, cada vez está tendo máis peso no noso país como día dos namorados.

En fin, sexa cal sexa a data que prefirades para celebrar o amor, non a deixedes pasar. Nas Gabarras aproveitamos a ocasión para deixarvos unha canción de amor: "Amei-te tanto" de Fanny + Alexander. A letra é de Pilar Pallarés.


Podedes escoitar e descargar máis música de Fanny + Alexander en www.myspace.com/fannyealexander


Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 04. Música - Publicado o 14-02-2008 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 iso recordame a Bergman, vaia pelíc#blgtk08#ulas cheas de simbolismos facía...
Comentario por Rospo (15-02-2008 15:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet