AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

XOGOS NA REDE


A PÁXINA DE BULI. A PÁXINA DOS XOGOS ENIGMÍSTICOS
Anagramas, cadeados, calembures, charadas, enigmas puros..., están agardando ser resoltos neste blog creado para fomentar a actividade enigmística en galego.
http://www.blogoteca.com/buli

CATAPALABRAS
Xogo no que poden participar de dous a catro xogadores que consiste basicamente en que cada quen escriba palabras que encaixen en certas categorías elixidas ao azar (froitas, animais etc.) e que comecen por unha letra determinada obtida tamén aleatoriamente a través dun dado de 20 caras.
http://www.as-pg.com/catapalabras

LETRAD@S.GZ
Versión on-line en galego do scrabble realizada pola AS-PG, coa colaboración da Secretaria Xeral de Política Lingüistica. É un xogo de mesa xa clásico que consiste en crear palabras entrelazadas sobre un taboleiro. Pódense disputar partidas de varios xogadores (de 2 a 4) e tamén dun xogador contra o computador.
http://www.as-pg.com/letradas.gz

MEGA XOGOS
O portal en galego de xogos gratuítos na rede. Xogos de aventuras, deportes, condución, maquillaxe, memoria... Se queres vestir a Hannah Montana, conducir con toda precisión ou cazar moitos monstros, aquí podes.
http://www.megaxogos.com

MEMORIA PIXELADA
A mellor web en galego sobre videoxogos.
http://memoriapixelada.com

O AFORCADO DE SAN XOÁN
O clásico xogo do aforcado. Só hai que adiviñar a palabra agochada en cinco oportunidades, antes de que o lume queime o Meco.
http://www.edu.xunta.es/contidos/xogos/aforcado/aforcado.html

O MISTERIO DAS 7 PEZAS
Sete pezas básicas de Santiago desaparecen misteriosamente. Como consecuencia a cidade perde peso e queda suspensa no aire. Ti tes que resolver o misterio. Atréveste? Entra nesta páxina e descarga o xogo.
http://www.culturagalega.org/especiais/misterio/index.htm

O PREGUNTOIRO
Aprende o idioma e a cultura galega respondendo ás preguntas do xogo. Bioloxía, Lingua, Literatura, Adiviñas, Enografia, Refráns, Xeografía, Historia e Arte...
http://www.edu.xunta.es/preguntoiro

O XOGO DA CURUXA
Baseado no xogo da oca, o que o distingue do xogo clásico, é que neste, cando alguén cae nun cadro deberá superar unha proba para poder ficar nel, evitar un castigo, etc.
http://www.as-pg.com/curuxa

TRIVIAL.GZ
Este trivial feito pola AS-PG ten máis de 6000 preguntas e máis de 4000 usuari@s rexistrados. Rexístrate e participa nos próximos campionatos.
http://www.as-pg.com/trivial.gz

TRIVIALINGUA
Nesta páxina podes xogar a un trivial de cen preguntas.
http://mais.vieiros.com/ciberlingua/trivialingua.php

XOGA CON NÓS. XOGOS EN REDE
Xogos do máis clásico, como o aforcado, os quebracabezas, o preguntoiro...
http://www.edu.xunta.es/xogos/


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-02-2008 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0