Hoxe veño, amigos gabarrenses, para falarvos do grupo
The Homens, integrado por tres homes especializados no lado máis pop (
power pop, para ser máis exactos) da música galega. Xocas encárgase da batería, Roi do baixo e da voz e Martin Wu da guitarra e tamén da voz.
Este grupo foi creado a finais do 2004 e xa editaron dous Eps,
#1 no ano 2005 e
#2 no 2006. O seu primeiro disco "longo", como eles o chaman, é
Tres e foi editado por
Falcatruada en outubro do 2007 nun formato especial: con vinilo, cd de audio, mp3 e mais un póster. As cancións pódense escoitar ademais na súa páxina
The homens.com.
Tres, ademais de ter unha presentación de calidade, é un bo traballo musical. Pódese adquirir nos concertos do grupo, en tendas de discos ou na web
trastenda.com.
Os títulos dos temas que aparecen en
Tres son os seguintes: 1.-Calamar, 2.-Cen días, 3.-Mr. Vai Mal, 4.-Monumentos, 5.-Mira por ti, 6.-Opositora, 7.-Monte Moriah, 8.-A bolsa de Tokio, 9.-Dance the troita, 10.-La Colombiere, 11.-Prende o sol. En fin, en total 11 cancións que agardo que busquedes e escoitedes.
Para abrirvos boca, e poñer os dentes longos, déixovos aquí o vídeo de "Calamar", o primeiro tema do disco e no que se nota o máis puro estilo pop. The Homens soen vir de xira pola nosa zona, así que estade atentos. Tamén podedes contactar con eles por medio do correo electrónico.