AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Anacos de Buxo


Anacos de Buxo nace no mes de setembro do 2002, co fin de cumprir o gusto de catro xoves rapaces con ilusión pola nosa música tradicional. O seu obxectivo era presentarse ao "Concurso de cuartetos tradicionais de Ponteareas" pero grazas ao éxito acadado decidiron continuar como grupo.

Teñen participado en concursos de todo o país e actuado en diversos festivais folk, tamén fóra da Galiza, incluído o prestixioso Festival Toxos e Xestas de Barcelona ou o Festival de Lorient no 2005, acadando premios como o do Concurso de Música Tradicional de Santiago de Compostela

No 2004 gravan o seu primeiro traballo discográfico chamado Sempervirente. Trátase dun percorrido a través do seu repertorio, tanto tradicional como de autor, todo el arranxado polo grupo.

Os compoñentes do grupo teñen un alto nivel de formación musical, grazas aos seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Vigo e á súa actividade en bandas de gaitas, concretamente na Banda de gaitas Xarabal, Banda de gaitas Moxenas e diversos grupos de Vigo e comarcas.

Anacos de Buxo son: Xurxo Fernández e Pedro Álvarez ás gaitas; e Iván Blanco e Álex Covelo ás percusións.

Máis información en http://usuarios.lycos.es/anacosdebuxo.

Artigo de Silvia Legaspi e María Andrade (3º ESO-D)



Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 04. Música - Publicado o 15-12-2007 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Moi aplicada Silvia, moi ap#blgtk08#licada.
Sigue así xD
Comentario por adrián (16-12-2007 13:05)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0