O blog está medio morto, a xente anda cansa, uns estudan para exames, outras confeccionan exames, esta preséntase a exames, aquel corrixe exames... En fin, no medio de todo este
stress, déixovos esta canción de
Luar na Lubre que penso que vos vai gustar. Chámase "
Os animais" e pertence ao seu último disco
Camiños da fin da Terra. Trátase dunha melodía de orixe irlandesa, adoptada polos norteamericanos como propia con distintas letras. Na versión de Luar na Lubre o texto é a adaptación que
Xabier Cordal fixo dunha das letras tradicionais da canción.