Como podedes ver no apartado de RECOMENDADOS incluímos blogs feitos en galego polo alumnado do IES Breamo. Xa tiñamos desde o final do curso pasado os da
Ninfa Vermella e
Vagalumes. As autoras de ambos estiveron de descanso por vacacións, pero vanse poñer en acción de novo. Agora incluímos tamén o de tres alumnos do centro que acaban de abrir xuntos o seu caderno dixital e comezaron con moito brío, chámase
Os De Breamo, entrade nel e teredes, entre outras cousas, información de deportes, xogos e cine.
Isto só é o comezo. Agardamos poder recomendar axiña moitos máis.