AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Crónica das Festas da Coruña

Velaquí está o artigo que vos prometera sobre as festas da Coruña. Gustaríame comezalo pedindo desculpas a tódolos lectores que o esperabades. Ben sei que este retraso quítame puntos para converterme en gabarreiro de honra, pero que se lle vai facer... O malo é que tedes que agardar a novembro para enterarvos de como foron as festas da Coru. O outro malo é que, malia que eu estiven alí, tampouco me enterei de moito porque, como sabedes os coruñeses, e como os non coruñeses deberiades saber, esta cidade é un maldito caos circulatorio sempre que hai concerto, xa sexa de Chenoa ou de King África. O bo de publicalo con taaanto retraso é que así podemos criticarlles as festas de verán aos concelleiros, para que se garden de cometer os mesmos erros nas de Nadal. Porque, ainda que vos pareza mentira, as altas esferas políticas non len El Mundo ou El País, non: len As Gabarras.

Imos retroceder un pouco no tempo: estamos no día 2 de agosto (para vós chovería moito desde entón, pero a min paréceme que foi onte). Tocan na praia de Riazor, encadrados no festival Noroeste pop-rock, Dover, Deluxe e Triángulo de Amor Bizarro. Eu xa estaba na Coruña desde o día anterior. A noite do concerto póñome fashion e baixo á rúa.

Cómpre dicir que eu teño o piso polo mesmiño centro, polo tanto baixar á praia non me custa moito traballo, pero eu non contaba cos meus amigos de...A PASAXE!!! que baixaban en coche e (terror!) tiñan que aparcar... Isto traduciuse nunha longa espera mentres aparcaban, en tanto os coruñeses do centro agardamos pacientemente no paseo marítimo a que os periféricos desen aparcado.

Cando, ás doce da noite, chegamos á praia, Deluxe e Triángulo de Amor Bizarro xa actuaran. Polo que dicía a xente estiveron moi ben, pero tampouco podo dar fe diso porque ultimamente a cidade está perdendo o gusto... O que si é certo é que o tipo de música dos do Triángulo era máis ben tirando a rock do bo, a pesar de que, co nome que lle puxeron ao grupiño, toda a peña pensaba que ía ser un estilo Camela ou Pasión de Gavilanes, pero nada diso. A nota de humor da noite chegou cando uns amigos que viñan de Cádiz me preguntaron cando cantaba MAPIE, ao ver o anuncio da Estrella Galicia...Ai, estes andalús...

Para rematar o artigo, gustaríame destacar o despilfarro espantoso que fixo o concello ao contratar tres orquestras que tocaban á vez para o día dos fogos artificiais e da batalla naval. As tres orquestras eran Ráfaga, unha da que non se me acorda o nome e outra que tocaba en homenaxe a Queen, que debían de ser o máis para quen lle gustase Queen, pero que provocou que o resto dos coruñeses acabaramos indo para o Orzán antes de que comezaran coa terceira canción.

Ben, pois nada, xa sabedes que aquí tedes ao voso coruñesísimo gabarreiro para o que gustedes, informando da actualidade da cidade e dos espectaculares acontecementos (para ben ou para mal) que teñen lugar nela. Vivir na Coruña que bonito é...e que bonito é tamén contalo nas Gabarras. Unha aperta a todo o mundo.


Artigo realizado por Yago Fdez. (2°- BAC-A)



Deixa o teu comentario (8) - Categoría: 04. Música - Publicado o 08-11-2007 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1
Bo e interesante artigo, Iago.
O motivo desta mensaxe é unha suxerencia que propoño, poderiamos todos os membros deste blog apuntar nun#blgtk08# "post" os nosos enderezos electrónicos para poder comunicarnos sobre os contidos da web, sen ter que facelo mediante comentarios.
Un saúdo a todos.
Comentario por rafa (09-11-2007 14:51)
2
Paréceme unha idea estupenda, Rafa.

A xente do Equipo que queira pode deixar nun comentario o s#blgtk08#eu enderezo electrónico, aquí non o publicaremos, e despois facemos unha lista cos enderezos para comunicarnos entre nós.
Comentario por As Gabarras (10-11-2007 15:38)
3 É boa idea, ben r#blgtk08#afa, ben pensado.
Comentario por adrian (13-11-2007 13:48)
4 Paréceme un artigo que define moi ben o que veñen sendo as festas nas grandes cidades: o #blgtk08#concello preocúpase moito de intentar facer unha boa festa pero poucas veces o consegue.
Comentario por david (13-11-2007 16:40)
5 Si, a verdade é que eu fixen a proposta porque me pareceu ben, así os deste blog poder#blgtk08#emos comunicarnos. A idea polo que parece semella boa, pois se mola que mole, digo eu.
Comentario por Rafa (13-11-2007 21:40)
6 un artigo un pouco cursi. a nós non nos gustou. xa q o concello fai o q pode e non cremos que sexa moi doado#blgtk08# organizar as festas e para gustoss cores. tampouco é bo criticar tanto. aínda asi está moi ben redactado.
Comentario por teresa e carmen (15-11-2007 12:07)
7 Agradézovos os comentarios. E ben sei que non é doado organiza-las festas, pero se opinamos sobr#blgtk08#e o tema teremos unhas festas máis ó gusto, non? Graciñas a todos e vémonos nas xuntanzas do ENL
Comentario por Yago (16-11-2007 16:52)
8 O artigo paréceme que vén a ser o que todos pensamos. As festas organizadas (polos concertos máis que nada, que contratar un grupo #blgtk08#pra os teus amigos non debe saír barato) están ben, pero as mellores son as que organizas ti pola túa conta.

Saúdos.
Comentario por Master of Puppets (17-11-2007 22:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0