AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

A festa das cabazas de defuntos

Aproxímase o Día de Defuntos e con el a Festa das Cabazas.

Na páxina web do Consello da Cultura Galega infórmasenos de que entre as celebracións que se fan no noso país con ocasión do día de Defuntos, existen costumes ancestrais como deixar un oco na mesa ou racións de comida para os defuntos ou facer colares coas castañas novas. Son moitas as persoas de máis de corenta anos de diferentes puntos da nosa xeografía (Noia, Catoira, Cedeira, Muxía, Sanxenxo, Quiroga...) que lembran que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces e deixalas nos camiños para asustar os viandantes. Este costume coincide co americano de Halloween e aínda co máis antigo celta do Samaín, no que eran os cranios dos inimigos os que brillaban na escuridade con candeas no seu interior.

O Samaín (Samhain en gaélico significa "Fin do verán") era unha festividade celta coa que se celebraba o inicio do Novo Ano, que para os celtas coincidía co remate da colleita e a chegada do tempo invernal.

Os celtas crían que neste tempo, que non se concretaba nunha soa noite, a barreira que separaba o mundo dos vivos e o dos mortos desaparecía e que en Samaín as almas dos mortos regresaban a visitar os fogares terrenais. Dise que para manter estes espíritos contentos e afastalos dos seus fogares, os celtas deixaban comida ou doces fóra das casas, una tradición que se convertiría no que hoxe fan os nenos indo de casa en casa pedindo doces.

Os cristiáns concretaron esta celebración nun só día e rebautizárona como Día de Todos os Santos. De aí vén o nome co que se lle chama en Estados Unidos, Halloween (All Hallow's Eve, que significa "Véspera de Todos os Santos"), a esta festa que chegou alí a través dos emigrantes irlandeses no século XIX.

As festas das cabazas, pois, que se realizaban e realizan en torno ao Día de Todos os Santos e Defuntos, teñen a súa orixe nos pobos celtas de Europa.

Rafael López Loureiro, autor de Samaín, a festa das caliveiras, e animador da recuperación do Samaín na vila de Cedeira, demostrou o carácter galego desta festa que, asociada ás de Santos e Defuntos, existía por todo o territorio galego até hai menos de trinta anos. Pero ademais de iniciar a recuperación desta festa ancestral, tamén a rebautizou dándolle un nome sen ningunha tradición na nosa lingua.

Desde o blog Brétemas dísenos que "Recuperar ou reinventar esta tradición, desde os centros escolares de primaria e secundaria, pode ser unha boa estratexia educativa para defender un patrimonio inmaterial que todos debemos conservar e mimar." Nós sumámonos a esa iniciativa, pero facéndonos unha pregunta: é preciso que o fagamos inventándolle un nome?

Se non precisamos chamarlle co nome inglés de Halloween á nosa festa, aínda que compartan ambas a mesma orixe, por que imos precisar chamarlle cun nome gaélico como Samaín ou Samhain? Se queremos recuperar unha festa tradicional e agraria que perviviu da man dos nosos paisanos, por que chamarlle cun nome exótico podendo reivindicar un nome máis próximo a nós como Festa das Cabazas ou Festa de Defuntos?


Deixa o teu comentario (12) - Categoría: 07. Patrimonio Inmaterial - Publicado o 25-10-2007 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1 AÍ FALACHES!!

Só un detalliño: nin sequera a "festa das cabazas" é tal. Lembro que o mesmo López Loureiro, aínda que subtitulou o seu libro "fes#blgtk08#ta das caliveras", recoñecía que a actividade de furar as cabazas na súa aldea non tiña ningún nome (que el soubese...)

Grande artigo. Inmenso!
Comentario por A Rousi (25-10-2007 17:47)
2 mola la#blgtk08# pagina
Comentario por adrian (30-10-2007 13:47)
3
Grazas polo entusiasmo, Rousi.

#blgtk08#Mola que mole, Adrián. Para a próxima animaraste en galego?
Comentario por As Gabarras (30-10-2007 23:58)
4
Pois hai unha película de terror (mellor dito, saga), xa mítica, que transcorre en Halloween. Nunha escena da súa segunda parte, o p#blgtk08#rotagonista escribe "Samain" na parede. Un dos personaxes explica que ese é o rei dos mortos (creo recordar) e menciona as cerimonias dos celtas.
Comentario por Rafa (31-10-2007 15:34)
5 E como se chama esa película??#blgtk08#?? Vale, xa falo en GALEGO!!!!
Comentario por adrian (06-11-2007 14:51)
6
Ben feito, Adrián. A ver se Rafa, ou alguén q#blgtk08#ue o lembre, nos di o nome da película e todos contentos.
Comentario por As Gabarras (06-11-2007 23:53)
7
O nome en cuestión é "Halloween II: ¡Sanguinario!" N#blgtk08#on é moi coñecida pero é unha saga de filmes culta e interesante.
Comentario por rafa (08-11-2007 14:35)
8 grazas Rafa polo nome da pelicula, se ma podes prestar?#blgtk08# se a tes, claro; que quero ver unha película sanguenta
Comentario por adrian (09-11-2007 14:37)
9 raffffaaaaaa pódesme dicir se tess a p#blgtk08#elículaaa!!!!!!!!quéroa ver!!!!!!!!!!!
Comentario por adrian (13-11-2007 14:01)
10 Non a teño,Adrián. #blgtk08#
Comentario por Rafa (14-11-2007 15:18)
11 Yago, non nos gustou moito `Crit#blgtk08#icas das festas da Coru´ gheghe
Comentario por Carmen e Teresa (15-11-2007 12:09)
12 Yago, no me gustou moito as `Cr#blgtk08#iticas das festas da Coru´ xexe
Comentario por Carmen e Teresa (15-11-2007 12:09)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0