AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Rosa e o seu zapato

Foto: "jamelah" en Flickr (baixo unha licencia de Creative Commons)


Todo foi grazas ó anuncio que puxen no xornal: ?Ofrécese meiga con boas intencións?. Aquela mesma tarde chamou unha rapaza chamada Rosa e contoume que as súas irmás sempre a trataban mal. Aquela noite había unha festa na casa dun mozo e ela estaba convidada, pero as súas irmás no lle ian deixar ir.

-Tesme que axudar! O rapaz é moi guapo e cáeme moi ben, gustaríame ir a esa festa!

-Pensemos- dixen-, o ideal sería que as túas irmás estivesen ocupadas. - E, tocando o meu piercing do embigo, engadín- Feito!

Ai, que cabeza a miña! Aínda non vos dixen que toda a miña maxia reside no piercing que levo no embigo.

A festa era ás nove da noite, e ás oito viñeron as irmás de Cinsenta (así alcumaban a Rosa) dicindo que uns amigos as convidaran ó cine e que preferían ir alí que ir á festa. Cinsenta aplaudiume abraiada. Pero aínda quedaba unha cousa que solucionar? a roupa.

- Non teño con que vestirme para ir á festa?

Toquei unha vez máis o meu embigo e ela apareceu moi ben amañada, cun vestido fermoso negro, unhas bailarinas e un diadema prateados e co pelo perfecto, liso como unha táboa.

Marchou para a festa, pero volveu moi cedo e chorando. Pregunteille que pasaba e contoume que cando estaba co rapaz unha moza moi celosa tiroulle un pastel á cabeza.

-Coa rabia perdín un zapato- dixo entre saloucos.

De súpeto, soou o timbre, era o demo do rapaz, recoñecino porque traía o zapato na man. Deixeinos falar sós e cando volvín, decateime de que xa eran moi amigos. Teño a lixeira impresión de que esa amizade chegará a algo máis?


Conto de Silvia Legaspi Grueiro (3º ESO-D)



Deixa o teu comentario (7) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 23-10-2007 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Moi bonita a historia que escribiches, está moi ben. E tes moita imaxinación. Bueno pois sigue así, ch#blgtk08#ao!!!! (María)

primaaaaaaa!! douche un 5 raspao pola historia esa! jejejeje xD (Óscar)
Comentario por maria e oscar (13-11-2007 16:45)
2 Felicidades Silvia! Moi ben feit#blgtk08#o o conto!

Bicos!
Comentario por PinkNails (13-11-2007 16:46)
3 ola!! somos marta e silvia e deixamos un comentario aínda que sexa un poco cutre, esforzámonos o máximo dentro do mínimo!!


esta nena é da nosa clase e estamos moi contentas de tela na clase
#blgtk08#/>


o blog esta moi ben segide asi!!!



bicos e saudos da nosa parte!!


atalogiño!!!



marta e silvia
Comentario por marta e silvia (13-11-2007 16:49)
4 un conto moi bonit#blgtk08#o e moi orixinal.
Comentario por laura (13-11-2007 18:19)
5 Parécem#blgtk08#e ben.
Comentario por Rafa (15-11-2007 17:05)
6 Veña, a seguir escri#blgtk08#bindo rapaces!!!!!!
Comentario por adrian (17-11-2007 20:11)
7 Rafa, o teu o mellor co#blgtk08#mentario, eh!?
Comentario por Sara! (18-11-2007 15:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0