Unha mágoa o do ghit este...o meu grupo estivo a piques de participar, pero ó final non houbo deus de poñerse de acordo para gravar a canción, que xa a tiñamos feita e todo. Aínda así, prométovos que cando estea gravada vai pasar polas Gabarras antes que por ningures! Ademais, non é tempo de ensaiar aí nun local pechado con esta calor, senón que hai que ir aos concertos de verán, coma por exemplo, o NOROESTE POP ROCK na Coruña (señor Losada, non se queixe que lle estou facendo publicidade ghratis). Despois
#blgtk08# de que o ano pasado nos trouxeran ao Koala, e de que todo Riazor tremese ao ritmo de "Voy a hazé un corrá" (sen comentarios) eu este ano non esperaba moito, pero a verdade é que me sorprendeu ver que viña DOVER e algún máis que anda por aí perdido...Eu penso pasarme e logo voltar a escribir a crónica en exclusiva para As Gabarras. Desta maneira espero que se deixe de facer tanto concerto: "en VIGO y en directo" e se pasén algúns para a cidade herculina, que por algo é a millor do mundo.
ROCK & CORUÑA FOREVER