AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Preparando as vacacións
Xa estamos ás portas das vacacións!!! Despois do esforzo da recta final chega o merecido descanso!!!

Xa sabemos que algúns teredes que estudar no verán, pero para os que sabedes organizarvos e conseguides uns días para descansar, que mellor que pensar en actividades alternativas para fuxir da rutina á que nos obriga o frío do inverno?

Se entrades en XUVENTUDE.NET atoparedes información sobre moitas cousas interesantes, pero tamén unha oferta de actividades nas que podedes participar este verán con xente do voso tempo e que comparte as vosas mesmas inquedanzas.

Aquí podedes entrar en algunhas destas propostas:

Campamentos de verán aos que podedes ir en Galicia, noutras comunidades e tamén no estranxeiro.

Campos de traballo que se poñerán en marcha ao longo do verán dentro e fóra de Galicia e nos que podedes participar en actividades de voluntariado e tempo libre.

Escolas de tempo libre para a formación de futuros monitores de tempo libre.

Animádevos e pasádeo moi ben!!! O verán agarda por vós!!!


Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 18-06-2007 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Eu ía ilusionado para o campamento que organiza o concello, pero quedei sen prazas. #blgtk08#Logo avisáronme, pero quedaban dous días para ir, así que tirei con todo e non fun.
Comentario por Rafa (17-11-2007 16:21)
2 Pra outra vez será, Rafa. A ver s#blgtk08#e o próximo verán hai máis sorte!
Comentario por As Gabarras (18-11-2007 13:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0