AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Un estudo publicado en Longalingua reaviva o debate sobre as axudas para a galeguización dos xornais
O galego retrocede nos xornais máis subvencionados.

O portal Vieiros faise eco do estudo publicado no número 3 de Longalingua, a publicación sobre lingua e sociedade editada pola Mesa pola Normalización Lingüística.

Nese número, un grupo de estudantes de xornalismo da Universidade de Santiago avalía o uso do noso idioma nos diarios de Galicia e denuncia que retrocede nos xornais máis subvencionados.

O estudo conclúe que só o 7'9% do espazo dos xornais está en galego e a presenza nos espazos máis importantes -portada e contraportada- é case nula.

Pero a denuncia non remata aquí, o abraio dos investigadores aumenta ante "a falta de transparencia dos datos das subvencións" recibidas polos xornais para que empreguen máis a nosa lingua, aos que non tiveron acceso "nin preguntando directamente nas instancias da Xunta nin pescudando polo DOG".

A Mesa convida a escribir ás seccións de cartas ao director dos diferentes xornais para solicitar un maior uso do galego. Anímaste?


Deixa o teu comentario (3) - Categoría: 16. Sociolingüística - Publicado o 12-06-2007 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1
Máis que subvencións tiñan que penalizar cada vez que traducen (silencian) as declaracións feitas na nosa lingua.
Se non fose suficientemente triste ademais de traducir o que lles c#blgtk08#hega en galego e escribir case exclusivamente en castelán, cando traducen demostran non ter nin idea de galego. Fano mal, e case é máis útil dárllelo todo mastigado non se vaian equivocar na tradución.
Comentario por turonio (12-06-2007 19:12)
2 Anímome a escribir desde Asturias para mandarvos un saúdo. Gústame mo#blgtk08#itísimo este blog ainda que xa casi esquencí o galego!
Vicky
Comentario por Victoria (13-06-2007 20:40)
3
Efectivamente é triste, Turonio, levamos anos escoitando e lendo as mesmas desculpas de mal pagador para non empregar o galego nos xornais e pasa o tempo e parece que nos acostumamos a que todo siga igual e, ás veces#blgtk08#, peor... Pero está ben lembrarlles que nos negamos a acostumarnos!

Victoria, é un pracer saber que nos segues desde Asturias. Alégranos que non esqueceras o galego e que saibas que nós tampouco te esquecemos a ti!
Comentario por As Gabarras (14-06-2007 15:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0