AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Concurso de SMS en galego
Por terceiro ano consecutivo, o concello do Porriño convocou un concurso de mensaxes de móbil en galego.

Primeiro premio: 250 euros
Segundo premio: 150 euros
Terceiro premio: 100 euros


Para participar basta con enviar unha mensaxe ao número 679039567.

A mensaxe, de tema libre, debe estar escrita en galego e non pode exceder os 160 caracteres, nin usar tiles.

As mensaxes poden enviarse até o 11 de maio de 2007.

Darase a coñecer o SMS gañador antes do 17 de maio.

Na edición anterior participaron 90 persoas e a gañadora foi Maite Mosquera con esta mensaxe:

"Q ironia prstituir a lngxe, desangrlas plbras e prcurar l cdgo q n custe + d 15 ctms s ste monte m impde chgar a ti. Vou ver s atopo l pomba c cbrtura"
Deixa o teu comentario (3) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 17-04-2007 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1
A verdade é que nunca vira isto de concursos de mensaxes de móbil. Paréceme u#blgtk08#n tema moi orixinal, aínda que penso que son demasiados cartos para un concurso coma este.
Comentario por Noelia (24-04-2007 13:08)
2
Paréceme moi ben que haxa este concurso de mensaxes en galego#blgtk08#, a ver se participa moita xente. Moita sorte aos participantes. Un saúdo.
Comentario por Roberto Fernández Piñeiro (24-04-2007 13:11)
3 Animádevos e participade neste concurso vós tamén.

Como ben dis, Noelia, é unha idea moi orixinal e o feito de que os premios sexan #blgtk08#altos non é malo, só pretenden animar a xente a participar.

Preséntadevos, ti tamén Roberto, e moita sorte tamén para todas e todos.
Comentario por As Gabarras (24-04-2007 17:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0