AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Abrimos as portas
Con este blog queremos dar comezo a unha nova andaina do Equipo de Normalización Lingüística do IES Breamo de Pontedeume, nela abrímoslle as portas a toda a comunidade educativa interesada no proceso de normalización.

Chamámoslle AS GABARRAS porque así se chamaba o lugar onde agora está construído o noso instituto e porque lles queremos ás palabras e non podemos deixar de quererlles aos nomes propios dos lugares (topónimos), mesmo aos dos máis pequenos (microtopónimos), pois en cada nome de lugar vive a historia de centos de persoas que pasaron por el e que o nomearon.

As gabarras son embarcacións de construción sólida, pequenas e de fondo chato, destinadas á carga e descarga nos portos e tamén ao transporte de mercadorías pola costa. Xa usamos hai anos AS GABARRAS en formato revista para transportar poemas e contos e agora queremos usar este vehículo na rede para compartir convosco as nosas inquedanzas e ilusións polo futuro da lingua.


Deixa o teu comentario (23) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 11-04-2007 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
23 Comentario(s)
1 Benvid#blgtk08#as/os!
Comentario por Depósito (12-04-2007 10:00)
2 Grazas pola visita, Depósito, e tamén por abrir tantos camiños na rede.#blgtk08# As nosas gabarras só seguen o ronsel que deixan internautas coma ti.
Comentario por As Gabarras (18-04-2007 22:15)
3 ola kerida xente!!!gustnme as gabarras!!!mmmmmmm jij#blgtk08#ijijijijijij!!!son espciais sn diferentes son unicas
Comentario por sbe deus (24-04-2007 12:51)
4 Gustoume medianamente a páxina porque fala sobre o noso pobo e o noso instituto, aínda que #blgtk08#lle falta presentación. Podería ter tons máis alegres e que chamasen moito máis a atencion.
Comentario por andrea v. (24-04-2007 12:56)
5 Ola, paréceme moi ben q alguén se interese pola historia dunha vila coma esta con tanta historia. Ánimos e a s#blgtk08#eguir traballando co blog.
Non estaría mal q se lle agregase un foro para q os interesados falen nel.
Comentario por pyro (24-04-2007 12:57)
6 Paréceme moi boa a idea facer isto, a partir de agora pasareim#blgtk08#e por aquí de vez en cando, porque parece interesante.
Comentario por Inés (24-04-2007 12:57)
7 Paréceme moi ben que haxa un texto informativo sobr#blgtk08#e onde está construído o noso instituto. Un saúdo.
Comentario por Roberto Fernández Piñeiro (24-04-2007 12:58)
8 Paréceme moi ben que haxa xente que lle de#blgtk08#a tanta importancia á nosa lingua. Bicos.
Comentario por Sara Carpente García (24-04-2007 13:00)
9 Paréceme moi interesante este blog...xa que así podemos aprender de cada un de #blgtk08#nós cousas sobre todo isto, e así tamén compartir as nosas opinións e desexos.
Comentario por maría =) (24-04-2007 13:00)
10 Paréceme ben esta páxina, xa que nos achega máis á nosa vila, pois h#blgtk08#oxe en día a xente non mostra interese pola vila e a súa historia.
Comentario por ana t. (24-04-2007 13:01)
11 Por certo, ata hoxe non sab#blgtk08#ía o que eran as gabarras.
Comentario por inés (24-04-2007 13:01)
12 Ola!!! Bos dias a todos/as. Non é que me guste moito a presentación da páxina, pero é pasable, é dicir,#blgtk08# hainas peores.
A páxina paréceme útil para expoñer cousas: vídeos, fotos, textos, opinións...
Comentario por samu (24-04-2007 13:01)
13 Boas!!! Gustoume moito este blog, gustáronme tamén os apartados qu#blgtk08#e hai nel, xa que dan moita información sobre cousas interesantes.
Comentario por Ana Fonte Pouso (24-04-2007 13:03)
14 É interesante que haxa información sobre a nosa lingu#blgtk08#a. Deséxoche moita sorte e que isto siga pra adiante.
Comentario por Laura Piñeiro (24-04-2007 13:03)
15 Gústame esta iniciativa. Paréceme interesante porque así podes estar ao tanto de todo o que ocorre no instituto. Tamén#blgtk08# descobres cousas novas como o das Gabarras, non tiña nin idea de que antes se chamaba así o lugar onde está o centro.
Comentario por PaUlA (24-04-2007 13:03)
16
Este blog é bastante interesante porque se poderán aprende#blgtk08#r moitas cousas tanto da páxina como dos comentarios que deixe a xente.
Comentario por kristina (24-04-2007 13:05)
17 Ola, profe!!
Gustoume moito a túa páxina...é moi interesante, non sabía o qu#blgtk08#e eran as gabarras ata agora e paréceme moi apropiado o nome da túa páxina. Bicos.
Comentario por almudena (24-04-2007 13:06)
18
Boas!! Gústame moito este blog, xa que podemos aprender moitas cousas sen aburrirnos. Paréceme moi interesante e ten partes tamén moi divertidas.
Propoño que se faga unha sección de imaxes e que se poñan máis videos#blgtk08#.
O que máis me chamou a atención foi o concurso das mensaxes, xa que era a primeira vez que vía algo así e gustaríame participar. Tamén me pareceu moi interesante o dicionario de mensaxes breves e emoticóns.
Un SaUdO.
Comentario por NaTaLiA (24-04-2007 13:06)
19 Gústame, paréceme ben que se fixese unha páxina así. Poderíase seguir cont#blgtk08#ando historia de Pontedeume, xa coñecía o das Gabarras, sería interesante.
Comentario por román (24-04-2007 13:07)
20
Agradécense moito todos os comentarios e, por suposto, todas as suxestións!

Andrea e Samuel, a presentación pode transformarse en calquera momento e entre todas e todos seguro que podemos conseguir algo máis atractivo.

Pyro, penso que podemos convertir os comentarios nunha especie de foro no que poidamos conversar e opinar todos sobre os diferentes aspectos que se poidan ir tratando no blog.

Laura e Almudena, aínda que o blog estea xestionado por min, pretende ser o blog do Equipo de Normalización Lin#blgtk08#güística do noso instituto, así que ten que ser enriquecido polas achegas de todos e todas. Trátase dunha empresa colectiva, canta máis xente participe coas súas ideas, posts e comentarios, maior será o éxito.

Román, vexo que a algunhas e algúns de vós vos interesa a historia da vila de Pontedeume, polo que si poderiamos incluír, como suxeriches, un apartado sobre aspectos da historia de Pontedeume. Quen teña interese en participar, que vaia pensando asuntos para propoñer e mans á obra! Que vos parece unha sección sobre microtoponimia da zona?
Comentario por As Gabarras (24-04-2007 15:42)
21
Ola!! ei, equipo. Paréceme q isto está moi ben, q como é a primeira vez q se fai algo así, non pode ser perfecto dende o principio, q xa se irá collendo experiencia. Entre todos temos q "nikelalo", jajaja. Pois nada, eu viña facer un traballo, pro acordeime d q pola mañá estiven cn Mª do Carmo, e x botarlle a isto unha ollada rapidiña... tampouco pasaba nada, en fin, tamén por vaguedade, pra pospoñer un pouco o traballo. En fin, agora mesmo non é q esteña eu moi inspirada, pro por suxerir, q non kede#blgtk08#.
Poderiamos facer unha sección con fotos nosas, de cando actuamos no centro, e de cando temos eses días especiais nos que kitamos fotos tontas, desas q soen avergoñarnos ás veces, pero q fan rir.
E por suposto, (isto nunca sei se vai xunto ou separado, perdoademe os erros) gustaríame, e vexo lóxico q se faga, q tódolos profes do centro colaboren un pouco con isto.
Ben, dito isto, xa só falta q veña o notario, e q preparen a esquela. Síntoo, non kería raiar tanto.

Bicos!!!
Comentario por Noemí García (25-04-2007 21:23)
22
Grazas pola visita, Noemí. Como esta é a casa virtual do Equipo de Normalización podes pasarte por aquí sempre que queiras e co#blgtk08#ntamos coa túa colaboración.
Por suposto o das fotos paréceme ben, sempre que teñamos os permisos pertinentes das e dos retratados.
Comentario por As Gabarras (26-04-2007 11:55)
23 esto g#blgtk08#ústame
Comentario por anónimo (15-11-2007 13:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0