AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Microrrelatos premiados na categoría A no III CONCURSO DE MICRORRELATOS DO IES BREAMO


Estes son os microrrelatos premiados no III Concurso de Microrrelatos do IES Breamo na categoría A, destinada a alumnado de 1º, 2º e 3º ESO.

Aclaramos que, ante a ausencia de participantes na categoría B (aberta a alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato), o xurado decidiu conceder dous premios na categoría A (aberta a alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO), conforme ás bases deste certame.


A VIDA

Levántome e dende a miña ventá o ceo está gris. Esta maldita fumareda está a queimar as plantas, o bosque e os animais. Dende a miña ventá vese todo sepia, a fin do que algún día foi un paraíso.

As cousas poden ocorrer de moitos xeitos. Primeiro préndese, xa que sempre hai alguén que comeza todo. Logo chega á xente. Expándese, destrozando recordos, posesións e facéndote sentir impotente, porque sabes que o inimigo é máis forte.

O lume incordia, ata o punto máis infinito dos soños. E de súpeto todo se calma e vives co medo a que volva suceder.

Así é a vida, sempre procurando manter a túa parcela a salvo, coma se o mundo fose un gran incendio e ti o bombeiro que ten que controlar todo; a túa vida.

Sara Veiga Beceiro (2º ESO A)
PRIMEIRO PREMIO


ELA

A miña vida perdeu o seu sentido. A verdade é que non sei con certeza canto tempo levo sen ela, quizais días, ou quizais meses. Aínda que a min cada segundo me parece eterno. Ela era coma un sopro de aire fresco un día de calor, coma a luz ao final dun túnel. Xa non podo aguantar a existencia neste mundo se ela non está comigo. Non queda nada con sentido na Terra dende que marchou. De nada serve chorar, nin lamentarse, pois os feitos non se modificarían de ningún xeito. Tampouco o suicidio é unha opción, non me gustaría deixar este mundo desta maneira. Aínda que eu gardo o desexo de que regrese coma o sol ao final dunha treboada que se fai interminable. Avisádeme se a atopades, chamábase Esperanza.

Daniel Domínguez Vizoso (2º ESO B)
SEGUNDO PREMIO


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 12-06-2012 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0