AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

O tren. Andrés do Barro

No ano 1969 Andrés do Barro cantaba en galego o seu maior éxito. Os manifestos atrancos para a expresión musical en galego daquel tempo non impediron que "O tren" se situase como número un nas principais cadeas radiofónicas de España, convertíndose na primeira canción en conseguilo. Cantas máis o conseguiron dende aquela?



O eumés Andrés Lapique do Barro (1947 - 1989), coñecido como Andrés do Barro, foi un dos primeiros cantantes que utilizou o galego durante a ditadura franquista e pioneiro do pop en Galicia.

Con estas palabras presentou o seu primeiro disco: “Me llamo Andrés Lapique do Barro y os presento unas cuantas de mis canciones. Hoy son en gallego porque así las he sentido y porque quiero colaborar con todo interés y cariño a dignificar mi idioma materno, caído durante muchos años en el más cruel menosprecio”.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 02-06-2012 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet