AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Rock do país. Ruxe-Ruxe


Videoclip feito por Pixelin Photo

Canción de RUXE-RUXE incluída no álbum "Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras"

Á venda en www.oplup.com
En descarga de balde en: www.ruxeruxe.com

Gravado e producido por Javier Abreu en Oceano Estudios (Nigrán, GZ).

Colaboran en "Rock do País": Bocixa Zënzar, Esteban Skacha e Xabier Diaz (Berrogüetto) nas pandeiretas.



Rock da terra, rock do país,
rock enxebre, rock feito aquí,
rock cargado, rock disparado,
rock sinceiro, rock para ti.

Rock salvaxe, rock guerrilleiro,
rock punkeiro, rock de torreiro,
rock esquecido, rock pisoteado,
rock de fouce en alto, rock contra todo.

...ROCK DA TERRA, ROCK DO PAÍS
SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS
ROCK DA TERRA, ROCK DO PAÍS
SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS...

rock asqueado, rock mosqueado,
rock ferido, rock incendiario,
rock cortante, rock desafiante,
rock fora-ialma, na fura de diante.

Rock molesto, rock insumiso,
rock bravú, rock compromiso,
rock maldito, rock escocido,
rock doente na liña da fronte.

...ROCK DA TERRA, ROCK DO PAÍS
SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS
ROCK DA TERRA, ROCK DO PAÍS
SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS...

Rock que cuspe contra o poder,
rock que fai cancelas caer,
rock profundo, rock de regato,
rock de choiva, vento de outeiro

rock de oceano, rock de semente,
rock da língua, rock da nosa xente,
rock proletario, rock irmandiño,
rock sentido, rock sempre erguido.


...ROCK DA TERRA, ROCK DO PAÍS
SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS
ROCK DA TERRA, ROCK DO PAÍS
SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS...

...SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS...
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 02-06-2012 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet