AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Adiante. Ruxe-Ruxe
Impresionante tema do disco Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras da banda de rock Ruxe-Ruxe, que hoxe, no Día das Letras Galegas, agasállanos deixándonolo descargar de balde!



Videoclip feito por Pixelin Photo
Gravado e producido por Javier Abreu en Oceano Estudios (Nigrán, GZ).


ADIANTE

O tempo pasa e é que o tempo non para
mentres arredo das nostalxias do pasado...pero
os cemiterios vanse enchendo de amores
o corazón vai baleirando de amizades

E a cada paso malo e a cada mal momento
miro de erguerme, poñome en pé e berro!!!

ADIANTE, ADIANTE...SEMPRE ADIANTE !!!

...e ás veces son monstros enormes que dan medo,
e ás veces son pantasmas que se meten dentro,
dentro de min no máis profundo do cerebro
e roen todo, esgazan, rompen, rachan todo.

E a cada paso malo e a cada mal momento
miro de erguerme, poñome en pé e berro!!!

ADIANTE, ADIANTE...SEMPRE ADIANTE !!!

...e ás veces cambia o tempo e dóeme todo
e caio ao chan e peto forte contra o fondo,
e "nockeado" collo aire no curruncho,
limpo as feridas, paro a conta e loito

E a cada paso malo e a cada mal momento
miro de erguerme, poñome en pé e berro!!!

ADIANTE, ADIANTE...SEMPRE ADIANTE !!!


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 17-05-2012 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet