A actriz, autora, directora e contacontos
Paula Carballeira estará hoxe connosco no Breamo!!!
Aínda que é moi coñecida polo seu traballo na tele, destaca en moitos outros ámbitos. Velaí vai unha síntese da súa traxectoria:
Paula Carballeira, que naceu en Maniños (Fene) en 1972, adícase profesionalmente ao teatro e á narración oral dende 1994.
É membro da compañía Berrobambán dende 1996, pero tamén desenvolve a súa traxectoria como actriz e directora noutras compañías, como o Centro Dramático Galego, Talía Teatro ou Magrinyana.
Traballa tamén como contadora de contos e actriz en diferentes series e espazos da TVG e como colaboradora na Radio Galega.
Pero Paula ademais é unha escritora prolífica e, desde o ano 1990, no que apareceu o seu primeiro libro
A percura, non deixou de publicar numerosos títulos de literatura infantil e xuvenil, poesía, teatro e narrativa.
Recibiu en 1998 o
2º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho por
A morte do mar. E foi gañadora do
I Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, no 2006, por
Boas noites e do
VI Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil no 2011, por
O refugallo.
Paula Carballeira na Galipedia