AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Dous estudantes de Informática crean unha web de subtítulos en galego
O seu obxectivo é promocionar a lingua galega e acabar co baleiro da rede neste tipo de contidos.

Miguel Lago Martínez e Pablo Salgado Roo, alumnos de 1º de Informática da USC, de 22 e 24 anos de idade, acaban de pór en funcionamento a páxina web subtitulosengalego.com, aínda en fase de obras.

«Comezamos a falar do proxecto en marzo cando estivemos xuntos facendo prácticas en Dublín. Foi iso o que nos motivou», explica Miguel Ángel. «En Irlanda decatámonos da dificultade de ver filmes e series con subtítulos en galego»

Deseñaron a páxina e traballaron a eito para arranxaren os subtítulos de filmes, documentais e capítulos de quince series. E aínda que estes mozos emprendedores pensaron que a publicidade podería axudar ao financiamento, queren culminar o proxecto prescindindo dela e centrarse nun único obxectivo: a promoción da lingua.


Fonte: La Voz de Galicia (16/04/2012)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 05-05-2012 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0