No curso
OPS! O PORTUGUÊS SIMPLES, que impartiu esta mañá a profesora Antía Cortizas no IES Breamo, cumpríronse todas as espectativas: a aula de usos múltiples repleta de participantes, moita atención e participación ao longo dos 100 minutos que durou o obradoiro e caras de satisfacción na despedida.
E non é para menos, pois quen sabe galego parte con vantaxe nisto de aprender portugués, esa lingua que naceu en Galiza hai máis de mil anos e que é a sexta lingua máis falada do mundo e oficial en oito países. Ou sexa, que agardan por nós nada menos que 230 millóns de oportunidades!