Este programa da TVG achéganos á vida en Londres de varios galegos e comeza pola de Maricarmen de Culleredo, que leva alí catorce anos e é xefa de recursos humanos na segunda cadea de supermercados máis grande da capital británica.
Nos primeiros doce minutos Maricarmen amósanos Londres e fálanos do seu traballo, de linguas e do seu amor á terra. Tantos anos fóra de Galicia non foron ningún obstáculo para manter viva a súa lingua e transmitírllela aos netos.