Asistimos con moita mágoa hai meses ao peche forzoso do semanario
A Nosa Terra, que abandonaba o soporte papel para ficar resistindo na rede. Tócalle agora a
Galicia Hoxe, nun evidente signo de que as cousas non se están facendo ben. Que sexan precisamente dous medios de comunicación escritos integramente na nosa lingua os que paran a rotativa non pode ser casualidade.
Pese a quen lle pese, a existencia de medios de comunicación co galego como única lingua (si, tamén a televisión) é imprescindíbel para poder normalizalo, pero non só; tamén o bilingüismo harmónico precisa deses medios en aras de conquerir o necesario equilibrio.
O artigo completo