AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

A Coruña


A Coruña é o nome oficial da cidade herculina. No blog Basteira hai unha completa explicación da orixe do topónimo A Coruña.

Outras achegas á toponimia de Galicia ao cargo de Jorge Cordal no mesmo blog Basteira


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 08. Onomástica - Publicado o 15-05-2012 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Temos nomes propios


Artigo de Carlos Callón
publicado en Galicia Hoxe (19/07/2010)

Temos nomes propios
Galeguiza o teu nome, restaura o teu apelido!


Meu irmán Xoán Xosé decidiu galeguizar o seu nome no rexistro civil. Preguntoume como se facía e, en cuestión de días, xa deixou de ser Juan José tanto na partida de nacemento como no carné de identidade. Seguiu así os mesmos pasos que adoptou miña irmá hai xa algúns anos, cando chegou á conclusión de que o seu nome debería ser, con todas as da lei, María do Mar. A decisión de ambos foi o corolario dun compromiso emocional e racional coa lingua galega.

Non traio aquí esta anécdota só para fachendear de familia, aínda que tamén (por certo, non falo de meu irmán Francisco porque, igual ca min, xa ten o nome en galego...). O que me parece relevante é que esta acción debería ser moito máis imitada polas persoas con sensibilidade pola lingua de noso.

A Mesa pola Normalización Lingüística realizou ao longo da súa historia varias campañas para informar á sociedade da posibilidade xurídica de tomar esta decisión persoal e para animar a que se dea ese paso. No momento en que nos encontramos, parece necesario volver realizar esta chamada.

Como se perderon os nosos nomes e apelidos?

En 1924, Xosé Leis Meis explicábanos como foi o proceso contando a seguinte anécdota:

APELLIDOS ESPURIOS

Estando eu nun xusgado de aquí da Cruña entrou unha muller da aldea. Preguntou polo rexistro civil e eu mesmo llo amostrei. Estaba eu nel, recollendo unhos datos que precisaba.

A muller pedía un certificado de nacemento. Xa traía outros documentos e faltáballe solo aquel.

O encargado do rexistro preguntoulle como se chamaba pra llo dar.- “Chámome Fulana Meixide”, díxolle a muller. Volve o do rexistro a preguntarlle. Non entendera ben. A muller contestoulle o mesmo, que se chamaba Fulana Meixide.

O do rexistro puxo cara de mañá de orballo. Abreu o libro e mirou. Por terceira vez aínda lle volveu preguntar como se chamaba. A min xa non me cabía o pan no corpo. Contestei eu pola muller. O do rexistro calou. Non me dou carto pola sentencia. Despois díxolle á muller:
- Usted se llamará Fulana Meigide.
- Non, señor, que son Meixide.

Intervín eu falando no mesmo idioma que a muller: “O apellido Meixide é un apellido galego moi corrente. Supoño que neste libro haberá moitos máis.” Contestoume o bo do home que alí non se podía poñer Meixide porque esta palabra non é castelán. E eu saínlle con esto: “¿E se vén un inglés ou francés a apuntar aquí un fillo vostede que fai: pon os apellidos que lle dean ou castelanízaos?” Respondeume que eran cousas distintas.

Resultado, que a muller levou o certificado con Meigide. E como noutro que traía do crego dicía Meixide, fixérona volver do sitio a donde foi para que arreglara aquelo. E a probe da muller, despois de gasta-los cartos e perde-lo tempo non sei o que tuvo que facer para saír do barullo en que se veu metida, sin ela ter culpa ningunha, senón a ignorancia do encargado do rexistro civil.

E agora pregúntome eu: ¿Hai dereito a que a un no seu país lle pasen cousas como esta? Non hai dereito. Si o encargado do rexistro soupese algo das cousas de Galicia non facía o que fixo. E si fora galego moito menos.

O activista e escritor Séchu Sende utiliza as palabras de Lesta Meis para unha unidade didáctica titulada “Colonialismo lingüístico”, que se pode encontrar no número 2 (de marzo de 2007) da revista Longalingua. As actividades que propón para a reflexión son aínda demasiado necesarias:

Meixide é un topónimo frecuente en Galiza, en relación cos lugares onde abundan as ameixas. Mais, que significa “Meigide”? Nada. Escoitaches chamarlles algunha vez “ameijas” a esas froitas?

1. Cal é a pretensión do funcionario con esa actitude?
2. Pensas que foi un suceso illado ou responde a unha forma de política lingüística da administración española?
3. Fai un cálculo: imaxinemos que este funcionario traballou dez anos no seu posto castelanizando os antropónimos de catro persoas á semana. Cantos apelidos galegos foron colonizados?

Como galeguizar o nome?

Se es maior de idade, só tes que solicitar por escrito no Rexistro Civil que che muden o nome polo equivalente en lingua galega. Moitas veces pediranche que presentes unha instancia (da que tes un modelo nesta páxina) e, sempre, unha copia literal do teu certificado de nacemento. Nalgúns casos, cada vez menos frecuentes, deberás acreditar a equivalencia entre o teu nome legal e o que solicitas.

Se é un naipelo a quen queres pórlle o nome en galego, abonda con que o inscribas así. Nos últimos anos rexistráronse dous casos puntuais con problemas por este motivo, mais a lei é moi clara sobre este aspecto.

Como restaurar o apelido?

Se es maior de idade, solicítao por escrito presentando unha instancia, unha copia literal do teu certificado de nacemento e o carné de identidade. En determinados casos, deberás presentar un certificado que acredite a forma que corresponde aos teus apelidos oficiais. Os teus fillos e as túas fillas recibirán o teu apelido coa súa forma restaurada.

Cando fará falta un certificado?

No que di respecto á galeguización de nomes e restauración de apelidos, a normativa de aplicación dispón que o certificado de equivalencia só será preciso cando a mudanza que se pretender non sexa notoria. Isto é, a consideración da tal notoriedade dependerá da vontade e coñecementos do encargado ou da encargada do Rexistro Civil. Por iso, poderá solicitarche que probes “polos medios oportunos” a equivalencia e/ou a grafía correcta do nome ou apelido solicitado.

No referido aos nomes de persoa, a Real Academia Galega aprobou en sesión plenaria darlle carta de oficialidade ao Dicionario dos nomes galegos editado por Ir Indo, elaborado por Ana Isabel Boullón Agrelo, Xesús Ferro Ruibal, Xosé M. García Álvarez, Xosé María Lema Suárez e Fernando R. Tato Plaza. Grazas a iso, diminuíron moito os problemas por este motivo.

Porén, se tiveres algún obstáculo no proceso, diríxete á Mesa pola Normalización Lingüística, ben no teléfono 981 563 885 ben no correo-e linhadogalego@amesanl.org, onde che axudarán a resolvelo.

E para o carné?

Despois de mudares o teu nome e/ou apelidos no Rexistro Civil, cómpre que o corrixas tamén no documento de identidade, para que figuren nel as novas formas correctas e oficiais. Sempre que o carné estea en vigor (isto é, que a mudanza se faga unicamente por este motivo, non porque estea caducado etc), os trámites serán de graza. Abonda con ires á Comisaría de Policía e renovares o documento coa folla do Rexistro Civil na que figuran o teu nome e/ou apelidos coa súa actual forma oficial.

Unha vez que o mudases no carné de identidade, podes ir realizando a mudanza na futura documentación. No entanto, has de saber que todos os documentos anteriores ao proceso de galeguización do nome ou restauración do apelido son plenamente oficiais e válidos aínda que conteñan as formas anteriores. Ou sexa, se o teu título universitario pon “Eugenia Teijeiro Crujeiras” e agora es “Uxía Teixeira Cruxeiras”, ese título será igual de válido, sen necesidade de o mudares, aínda que tamén tes a opción de o facer. Iso non quita que, para o futuro, ti serás sempre como única forma oficial Uxía Teixeira Cruxeiras, tanto aquí como na China popular.


Fonte: O blog do Carlos Callón (19/07/2010)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 08. Onomástica - Publicado o 11-12-2010 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Toponimia de Galicia

Na nova páxina da Xunta de Galicia sobre toponimia galega, Toponimia de Galicia podemos consultar case 400.000 topónimos facendo uso de técnicas cartográficas avanzadas, SIGPAC o de Google Earth, localizando os nomes dos lugares sobre fotografías aéreas.

Do traballo que se leva feito ata o momento, despréndese que a densidade media é de 36 topónimos por quilómetro cadrado, sendo a máis elevada ata agora en Cangas (182 topónimos por quilómetro cadrado). Por outra banda, o nome que máis se repite, a falta de completar o traballo de campo en todos os concellos de Galicia, é o de A Cortiña, do que xa se levan rexistrados 1.165 casos.

Entra e fai a túa consulta na web Toponimia de Galicia.

Información procedente de: Colegas das palabras


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 08. Onomástica - Publicado o 30-05-2010 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
Máis topónimos deformados: 'Puentenuevo', 'Ferreira Valle Oro', 'Ginzo de Limia'...
Pasaron 27 anos desde que a Lei de Normalización Lingüística, no seu artigo 10 recolle que "os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega". Teremos que agardar outros 27 para deixar de tropezar con topónimos disparatados?

Lemos onte en Vieiros (09/03/2010):

"Cando aínda non rematou a polémica sobre o "Desván de los Monjes", a Xunta volve demostrar o seu desleixo pola toponimia nunha nota de prensa publicada o mesmo luns pola tarde na súa páxina oficial. Nun anuncio dos próximos apagamentos analóxicos, faise alusión á desconexión dos centros de "Puebla", "Puentenuevo", "Puentenuevo II" ou "Sanpayo".

Resulta paradoxal que se faga uso desas formas deturpadas xusto a carón do nome oficial e correcto do concello, A Pontenova. En calquera caso, estas prácticas son o reflexo doutras tantas que se poden comprobar na web do Ministerio de Industria. Así, por exemplo, na listaxe de centros emisores da TDT pódense ver formas como "Puenteceso", "Ferreira Valle Oro", "Jove", "Nogales", "Carballino", "Ginzo Limia", "Orense-Barbadanes", "Creciente" ou "Domayo", ademais das reproducidas na web da Xunta. É sintomático que non aconteza o mesmo coas formas catalás, correctamente transcritas polo departamento do goberno español."


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 08. Onomástica - Publicado o 10-03-2010 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
A deformación dos topónimos: 'Desván de los Monjes' e 'Toro'
Segundo recolle a Lei de Normalización Lingüística no seu artigo 10, "os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega", pero como ben sabemos, isto non sempre é respectado.

A continuación recóllese a intervención do Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o mércores 20 de xaneiro de 2010 en FITUR (Madrid), para presentar os paquetes turísticos das terras do Ulla e Tambre.

Aínda que despois o negou no propio Parlamento -("Hai que ser estúpido para crer que eu vou dicir Desván de los Monjes" El Correo Gallego (24/02/2010)-, no vídeo podemos ver como traduce "libremente" Sobrado dos Monxes por "Desván de los Monjes" e logo refírese a Touro como "Toro".




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 08. Onomástica - Publicado o 10-03-2010 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
Canta xente hai que se apelide coma ti?


Queres coñecer en que concellos galegos son máis abundantes os teus apelidos? Pois no seguinte enderezo podes ver a frecuencia do teu apelido sobre un mapa de Galicia e a porcentaxe de aparición por concello. Introduces un apelido e diche cantos hai en toda Galicia e en que concellos está repartido. Só tes que entrar en: servergis.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp

Ademais queres saber canta xente hai co teu apelido por España adiante e en que provincias están vivindo? Pois só tes que premer no seguinte enlace: www.ine.es/fapel/FAPEL.INICIO


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 08. Onomástica - Publicado o 03-02-2010 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
Algúns topónimos galegos
Os topónimos Porto de Bois e Oxford (explicación de Gonzalo Navaza):
2ª parte do programa Ben falado! Capítulo 14 – 7/8/2008




O topónimo Valdeorras:
Ben falado! Capítulo 50 – 26/9/2008




Topónimos que comezan por VILA:
Ben falado! Capítulo 102 - 9/12/2008


Topónimos do mar (Baiona).
Xosé Lois Vilar, Talasonimia da costa sur de Galicia:
Ben falado! Capítulo 113 - 24/12/2008
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 08. Onomástica - Publicado o 21-06-2009 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
Topónimos de cidades galegas
O topónimo Compostela:
Ben falado! Capítulo 5 – 25/7/2008




O topónimo Lugo:
Ben falado! Capítulo 7 – 29/7/2008




O topónimo A Coruña:
Ben falado! Capítulo 10 - 1/8/2008



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 08. Onomástica - Publicado o 21-06-2009 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia e Galiza
Orixe das palabras Galicia e Galiza:
Ben falado! Capítulo 1 – 21/7/2008




Etimoloxía de Galicia:
Ben falado! Capítulo 2 – 22/7/2008



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 08. Onomástica - Publicado o 21-06-2009 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
A historia dalgúns apelidos galegos
O apelido Mariño:
Ben falado! Capítulo 14 – 7/8/2008




O apelido Rei:
Ben falado! Capítulo 11 - 4/8/2008




O apelido Sánchez:
Ben falado! Capítulo 19 – 14/8/2008




Os apelidos Suárez e Sueiro:
Ben falado! Capítulo 31 – 1/9/2008



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 08. Onomástica - Publicado o 21-06-2009 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Os apelidos, sinais de identidade colectiva


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 08. Onomástica - Publicado o 21-06-2009 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre os nosos nomes e apelidos

Se entras na páxina CHÁMATE CON XEITO podes descubrir se existe unha forma galega para o teu nome e apelidos. Pero tamén podes saber como te chamarías e apelidarías en correcto castelán. Ademais na web tamén se pode descargar a lexislación e os impresos legais necesarios para galeguizar nomes e apelidos.

A páxina forma parte dunha campaña informativa que vén de lanzar a A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, que convida a reflexionar "acerca de como nos chamamos, de como nos chamaron e de como deberían ser os nosos nomes en galego e en castelán." Pois, como di o profesor Xosé Henrique Costas, un dos responsables da campaña en prol da regaleguización dos nosos nomes e apelidos, “cada persoa é dona de como se quere chamar, pero sen coñecemento non hai liberdade”. (en Vieiros)

Costas explica que “do mesmo xeito que ocorreu cos topónimos, moitos apelidos galegos foron acastrapados ou deturpados pola influencia do castelán, e que hai unha forma galega”.

En palabras de Ana Isabel Boullón, profesora da Universidade de Santiago, experta en onomástica e colaboradora nesta iniciativa, "trátase de restituír algo que era galego e que foi cambiado" (en Faro de Vigo)", pois arredor dun 16% dos apelidos sufriron un proceso de “castelanización anárquica”, pero no caso dos nomes a castelanización é moito máis evidente: “Primeiro polas imposicións do reino de Castela e da Igrexa e logo durante o franquismo coa lei de rexistro civil que obrigaba a poñerlle aos nenos e nenas nomes casteláns" (en Vieiros).


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 08. Onomástica - Publicado o 19-11-2008 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre os nomes dos lugares
Se queres consultar os nomes de lugar do teu concello e da túa parroquia, podes facelo no Nomenclátor de Galicia, a páxina da toponimia oficial: http://www.xunta.es/toponimia. Nela encontrarás cales foron os criterios normativos que se seguiron para seleccionar os topónimos correctos.

Podes realizar unha busca guiada pola provincia que elixas, polo concello ou pola parroquia ou unha busca directa indicando ti directamente o nome que queres consultar.

Anímate a comprobar xa se os nomes de lugar que coñeces están correctamente escritos nos indicadores...


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 08. Onomástica - Publicado o 19-11-2008 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet