AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

17 de maio: Manifestación ás 12 na Alameda de Santiago





AUTOBUSES Á MANIFESTACIÓN DESDE PONTEDEUME

SAÍDA
10:15.- Pontedeume, na parada dos autobuses
Tlfs. 639 623 781 (Manolo)
REGRESO
Ao remate da manifestación


Máis información sobre autobuses desde outros puntos en queremosgalego.org


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 15-05-2010 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Queremos Galego en Pontevedra
Festival Queremos Galego (17/04/2010). Foto de Xaquín Soliño
Como na multitudinaria manifestación do 21 de xaneiro pasado contra o mal chamado Decreto de Plurilingüismo do Goberno, Xosé Lois, O Carrabouxo, voltou a cantar o Mamá, eu quero galego, quero escribilo, quero falalo, na rúa e no colexio, acompañado polas voces das 7000 persoas que enchían o recinto feiral de Pontevedra.

O macrofestival da Plataforma Queremos Galego reuniu o sábado en Pontevedra a Festicultores, Zurrumalla, Fía na Roca, Fuxan os Ventos, Espido, García MC, Ruxe Ruxe, Uxía, Berrogüetto, Luar na Lubre, A Quenlla, Os Carunchos, Os Tres Trebóns e Lamatumbá.

Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro da Plataforma Queremos Galego, animou aos participantes a acudir á manifestación do vindeiro 17 de maio e lembrounos que "non hai tal plurilingüismo se se prohibe o galego en determinadas materias, e se os nenos poden estar ata os seis anos sen ter contacto co galego".

Callón sinalou ademais que o Goberno "vai gastar un millón de euros" nunha campaña de publicidade sobre o decreto "mentres nos colexios non hai cartos para o comedor e os nenos teñen que comer bocadillos".


Fonte: Galicia Hoxe (18/04/2010)




Momento da actuación de Lamatumbá gravado por Pixelin


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 19-04-2010 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
Iniciativa Lexislativa Popular sobre o uso do galego
A plataforma cidadá Queremos Galego presentou este luns no Parlamento unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que esixe que se “garantan os dereitos lingüísticos dos cidadáns na súa relación coa Administración e no ensino”.

Ábrese agora o prazo para que a ILP sexa admitida a trámite ou non, decisión que se tomará nun mes. Unha vez admitida a trámite, iniciarase a recolla das 15 mil sinaturas necesarias para que se garantan os dereitos lingüísticos da cidadanía no seu trato coa Administración e no ensino.

Carlos Callón, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, unha das asociacións integrantes de Queremos Galego, fixo un chamamento ao conxunto da cidadanía para que apoie esta iniciativa e lembrou que, tal e como xa dixo o anterior presidente da Real Academia Galega, Xosé Manuel Barreiro, e o seu actual dirxiente, Méndez Ferrín, “non houbo aínda nin a primeira medida do Goberno a prol do noso idioma”.



Fonte: Vieiros (08/02/2010) e Coordinadora de Equipas de Normalización Linguística de Ferrolterra.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 09-02-2010 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Asistencia masiva á presentación simultánea en 70 localidades de '55 mentiras sobre a lingua galega'
Máis de cinco mil persoas asistiron á multipresentación da primeira publicación de ProLingua titulada 55 mentiras sobre a lingua galega este venres 5 de febreiro en 70 localidades espalladas polo mundo adiante.

Ás 8 e media da tarde comezaron as presentacións en todas as cidades e as principais vilas de Galicia, así como noutras localidades do estado español que quixeron sumarse a este acto histórico, ben en territorios nos que se fala o galego como Lubián (Zamora), Vilafranca do Bierzo ou San Martiño de Trebello (Val do Ellas, Extremadura), ben en cidades nas que viven galegos orgullosos de defender a súa lingua, como Barcelona, Madrid, Ponferrada, Trintxerpe (Guipúzcoa) ou Vitoria/Gasteiz. Pero tamén se presentou 55 mentiras sobre a lingua galega, axustándose ás diferenzas horarias, en lugares do mundo tan distantes no espazo como Bethelem (Palestina), Bos Aires (Arxentina), Bruxelas (Bélxica), Copenhague (Dinamarca), Corcaigh/Cork (Irlanda), Lisboa (Portugal), Londres (Gran Bretaña), Madison (Wisconsin, EEUU), Nablús (Palestina), Nova York (EEUU), París (Francia), Saraievo (Bosnia) ou Tübingen (Alemaña).

E en todas estas localidades se comezou do mesmo xeito, lendo o seguinte texto:

"Agostiño de Hipona deu a definición de mentira máis aceptada e da que se foron tirando todas as que seguiron. Dixo que mentira é dicir algo distinto do que se está a pensar co ánimo de enganar. E xustamente diso trata o libro que imos presentar hoxe: 55 mentiras sobre a lingua galega, análise dos prexuízos que difunden os inimigos do idioma, libro que ProLingua lles quere ofrecer aos galegos e ás galegas e a todos cantos se solidarizan e nos apoian na defensa da lingua propia de Galicia, co desexo de facer do ánimo de enganar dos negacionistas, un ánimo de poñer a luz da verdade a alumar sobre dos prexuízos que atan a tantos e tantas posibles falantes. A honra da verdade é o que nos dá a forza de loitar polos dereitos dos galegos e das galegas que desexan e esperan mil primaveras máis para a lingua galega. Para eles e elas vai este manual de autodefensa lingüística, esta contribución entusiasta ao combate contra a mentira."

A continuación, a lectura do texto común na presentación en Bos Aires:



Máis fotos e vídeos da presentación.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 07-02-2010 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Multipresentación de '55 mentiras sobre a lingua galega', a primeira publicación de ProLingua
Capa de 55 mentiras sobre a lingua galega
A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua presentará o próximo venres 5 de febreiro ás 20:30, en máis de sesenta localidades, incluída Pontedeume, a súa primeira publicación, titulada 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas.

Esta publicación pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua galega no seo da súa sociedade.

A multipresentación deste libro farase simultaneamente en máis de medio cento de localidades espalladas polo noso país –todas as cidades e principais vilas-, polo Estado español –Ponferrada, Madrid, Barcelona, Vitoria/Gasteiz e Trintxerpe- e no estranxeiro – Tübingen, Buenos Aires, Lisboa, Tel Aviv, Nova York, Bethelem, Nablús, París, Saraievo, Londres, Bruxelas e Copenhague. Unha relación de puntos de encontro e presentación longa e aberta, pois a recepción a esta iniciativa por parte da sociedade está a ser altamente positiva e comprometida.

A presentación en Pontedeume terá lugar no Centro Municipal de Maiores e correrá a cargo de Xosé Francisco Correa Arias e Xoán Lorenzo Crespo.



Fonte: ProLingua


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 02-02-2010 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Rolda de prensa de Queremos Galego sobre o borrador do decreto de trilingüismo


(11/01/2010)
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 02-02-2010 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
AGAINST FOREST WE LIVED BETTER


Praza do Obradoiro. Santiago.
21 de xaneiro de 2010.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 22-01-2010 15:03
# Ligazón permanente a este artigo
IF NON IS BOI IS COW


Praza do Obradoiro. Santiago.
21 de xaneiro de 2010.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 22-01-2010 15:03
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIAN SPOKEN


Praza do Obradoiro. Santiago.
21 de xaneiro de 2010.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 22-01-2010 15:03
# Ligazón permanente a este artigo
NOUS VOULONS DU GALICIEN!


Praza do Obradoiro. Santiago.
21 de xaneiro de 2010.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 22-01-2010 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
IN GALICIAN, PLEASE


Praza do Obradoiro. Santiago.
21 de xaneiro de 2010.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 22-01-2010 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
I LOVE VERY MOITO EL GALLEGO


Praza do Obradoiro. Santiago.
21 de xaneiro de 2010.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 22-01-2010 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Pontedeume ou Puente Medió?


Praza do Obradoiro. Santiago.
21 de xaneiro de 2010.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 22-01-2010 07:49
# Ligazón permanente a este artigo
Reivindicando LINGUA, FESTA E ROCK&ROLL desde Pontedeume 2


Praza do Obradoiro. Santiago.
21 de xaneiro de 2010.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 22-01-2010 07:47
# Ligazón permanente a este artigo
Reivindicando LINGUA, FESTA E ROCK&ROLL desde Pontedeume 1


Praza do Obradoiro. Santiago.
21 de xaneiro de 2010.

Deixa o teu comentario (3) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 22-01-2010 07:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet