AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Voares de esperanza
O manifesto Voares de esperanza na boca do seu autor, o escritor Agustín Fernández Paz, na manifestación do Día das Letras Galegas de 2012.



Fonte: Blog Galefas





Vía: O levantador de minas


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 17-05-2012 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Paremos os ataques contra o galego

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 17-05-2012 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
A xustiza desautoriza o concello de Santiago e dá os permisos necesarios para a manifestación do Día das Letras


Representantes da Plataforma unitaria Queremos Galego denunciaron publicamente a actitude do concello de Santiago que, con tan só 48 horas de antelación á manifestación convocada para hoxe, Día das Letras Galegas, comunicaba a denegación dos permisos necesarios para o normal desenvolvemento da mesma. Isto obrigou a plataforma a presentar un recurso pola vía de urxencia no contencioso-administrativo. A xustiza por fin concedeu todas as autorizacións pertinentes.


Carlos Callón: “Non só é un ataque contra a liberdade de opción lingüística, é un ataque contra a liberdade de expresión”


Fonte: Sermos Galiza


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 17-05-2012 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Os Equipos de Normalización e a Aula Castelao, premios Xoán Manuel Pintos 2011


O Premio Xoán Manuel Pintos ten dous obxectivos fundamentais: recoñecer a aquelas persoas, empresas, asociacións ou entidades radicadas en Galicia que impulsan o galego e a súa presenza na sociedade, e manter viva a memoria de Xoán Manuel Pintos, unha das figuras máis importantes do Rexurdimento.

Deste xeito, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística recibiu o premio Xoán Manuel Pintos 2011 na categoría traxectoria recente, polo seu labor a prol da lingua no ano en curso.

O xurado salientou o traballo da Coordinadora non só polo labor que está a facer como asociación, senón tamén porque exemplifica e aglutina os equipos de normalización lingüística de todo o país.

Pola súa banda, a Aula Castelao de Filosofía foi merecedora do premio na categoría de toda unha traxectoria a prol da lingua, pois esta asociación leva trinta anos a defender a lingua galega e a facer posible que o galego sexa unha lingua normal na transmisión e no debate do pensamento científico máis actual.

A entrega do premio tivo lugar o venres 25 de novembro no Pazo de Mugartegui.

Os premios Xoán Manuel Pintos están convocados polo Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) e non teñen dotación económica.

Máis información en www.pontevedra.eu, web do Concello de Pontevedra, e no Diario de Pontevedra


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 26-11-2011 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
Como defenderes os teus dereitos lingüísticos en Pontedeume
Hoxe venres 30 de setembro ás 19:30 preséntase na Biblioteca Municipal de Pontedeume o libro de Carlos Callón Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.

No acto, organizado polo Colectivo Cultural Terra e pola Mesa pola Normalización Lingüística de Pontedeume, intervirán Miguel Rodríguez Carnota, director do IES Breamo, e o autor.

Nesta obra con vocación de manual de autoaxuda, Carlos Callón proponnos que protagonicemos no día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións. Porque, tal e como el di, «os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións».



Ficha do libro en Xerais



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 30-09-2011 07:28
# Ligazón permanente a este artigo
Transformando a indignación colectiva en creatividade, ilusión e esperanza para construír futuro para o galego.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 03-07-2011 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
O galego é a chave coa que abrimos o mundo


Acto pola lingua en Santiago organizado pola Plataforma Queremos Galego!.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 30-04-2011 01:33
# Ligazón permanente a este artigo
PREGUNTA ONDE VAI O NOSO CINE E ESIXE A VOLTA DE FLOCOS TV Á REDE

Ante a desfeita que supón a retirada de Flocos.tv no blogue da Profe propónsenos actuar:

Do mesmo xeito que non consentiriamos que queimasen a fachada do Obradoiro furtándolla aos nosos ollos, non deixemos que nos furten un patrimonio filmográfico ao que non poderemos acceder doutro xeito.

Fala coa túa administración e pregunta onde vai o noso cine e esixe o retorno do cine galego á túa pantalla, esixe a volta de Flocos.tv á rede!



Páxina de contacto de AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais)

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 13-03-2011 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
Camiño de rosas


O camiño cara á normalización do galego inaugurado no século XVIII polo ilustrado Frei Martiño Sarmiento nunca contou co apoio dos poderosos. A nosa lingua sobreviviu longos séculos sen o apoio de reis nin de ministros e tivo que agardar a chegada da democracia no século XX para ser recoñecida polo Estatuto de Autonomía de Galicia no seu Título Preliminar como a única lingua propia de Galicia e como lingua oficial xunto co castelán. E aínda así trátase dunha cooficialidade asimétrica, pois ningún galego ten a obriga de coñecer o galego, mentres si ten a obriga de coñecer o castelán.

Amparada por esta desigualdade xurídica entre o galego e o castelán en Galicia, a reacción antigalego desprega a retórica das liberdades individuais dos falantes da lingua hexemónica para blindar os seus privilexios monolingües. Onde queda, pois, a liberdade lingüística dos galegofalantes? Acaso no "dereito" a cambiar de lingua e culminar o proceso de substitución lingüística do galego polo castelán?

Por razóns así traballan as diversas plataformas cidadás na reivindicación da igualdade legal e efectiva das dúas linguas oficiais de Galicia.

E tamén por razóns así traballamos no proceso de normalización do galego desde os Equipos nos centros de ensino, tal como establece a lexislación vixente, e, aínda que sabemos que o camiño que conduce á recuperación do galego non é un camiño de rosas, faremos todo o posible por facelo co entusiasmo que proporcionan as causas xustas.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 22-10-2010 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
Estamos coa CGENDL
Damos comezo ao novo curso apoiando o Comunicado da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística feito público nos medios de comunicación o 15 de setembro a raíz da presión mediática e política que contra os Equipos de Normalización pretende exercer a reacción antigalego:

COMUNICADO DA CGENDL ANTE AS INFORMACIÓNS APARECIDAS SOBRE A COORDINADORA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

A Coordinadora Galega de ENDL quere comezar por deixar claro que esta é a primeira e última vez que vai comparecer diante dos medios para responder ás acusacións falsas que se verteron sobre nós no día de onte. Non estamos para atender os delirios dun grupo que non se sabe a quen representa e que, a partir de falsidades e manipulacións, busca o protagonismo que non ten socialmente: que non conten connosco para alimentar a súa campaña de desprestixio da lingua galega. A diferenza desta xente que está continuamente na prensa alimentando a confrontación lingüística, os docentes que formamos parte da CGENDL queremos dedicarnos ao noso, que é dar clase e traballar pola nosa lingua. Isto debe ser o que molesta e, dado que non conseguiron que se eliminaran os ENDL no novo decreto, pretenden difamalos. Consideramos as informacións aparecidas no día de onte como tentativas de criminalizar o traballo desenvolto nos ENDL por centos de profesionais que non facemos outra cousa que limitarnos a cumprir a lei, de aí que estas opinións só descualifican a quen as fai.

Con todo, comparecemos hoxe pero non o volveremos facer para este tema. As mentiras que se verteron sobre a Coordinadora e sobre as nosas persoas son de tal calado que, de se reiteraren, se terán que resolver nos xulgados e non nos medios de comunicación.

Dito isto, desde o Consello Directivo da CGENDL, queremos sinalar que:

1. Os ENDL (agora chamados Equipos de dinamización da lingua galega) naceron para potenciar o uso da lingua galega, de feito ese é o cometido que tiveron dende que existen e esa é a función exclusiva que lle encomenda o actual Decreto para o Plurilingüismo (art.15). Desenvolver ese labor a favor da lingua galega é un deber e máis unha obriga, e non supón defender ningunha ideoloxía política, supón unicamente facer o que a lexislación establece que debemos facer.

2. Dentro dese traballo de potenciación do uso da lingua galega, os ENDL promoven actividades diversas empregando diferentes soportes (blogs, revistas en papel, teatro, obradoiros musicais...) para que o alumnado desenvolva o uso oral e escrito do galego, que é un dos nosos obxectivos principais. Ao mesmo tempo búscase potenciar unhas actitudes positivas cara ao galego, idioma que como evidencia a denuncia feita sobre os ENDL, aínda se ve lastrado por numerosos prexuízos. Así mesmo, os equipos informan das actividades de apoio á lingua galega que se desenvolven na sociedade. Todo isto lévano facendo os equipos nos últimos 15 anos. A que veñen estes ataques agora? Será que despois da desaparición este verán dalgúns dos poucos medios existentes en lingua galega, pretenden tamén facer calar a voz dos ENDL?

3. Os equipos financian as súas actividades mediante a subvención que reciben da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Para acceder a ela cómpre presentar un proxecto que se valora segundo uns criterios públicos e ben definidos. Ao final do curso preséntase unha memoria e mais unha xustificación económica que é fiscalizada polo departamento de intervención económica da Xunta de Galicia e nunca houbo problemas. Con estas graves acusacións contra os equipos realmente o que están é acusando tamén a todos os implicados no proceso: ás direccións dos centros, á SXPL e á intervención da Xunta de Galicia.

4. Para o mellor desenvolvemento da súa función educativa e amparados no dereito fundamental á asociación, os membros dos ENDL poden constituír organizacións, participar en colectivos ou exercer o seu dereito de reunión para impulsar o intercambio de opinións, coordenar actividades e mellorar o seu labor. Esta práctica é habitual noutros titulares ou membros de órganos da administración sen que o uso da súa denominación profesional se entenda que viole ningunha disposición, antes ben permite identificar con maior claridade os seus obxectivos ou ámbito de actuación (por ex. Asociación de Directores de Centros Públicos).

5. A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) basea o seu traballo única e exclusivamente no voluntarismo dos seus membros e non ten ningún fin lucrativo. É público e notorio que toda a xente que ten colaborado coa Coordinadora fíxoo de xeito desinteresado, dende María Castro a Martiño Rivas; dende Luis Tosar a Antón Reixa ninguén cobrou un céntimo, nin a coordinadora cobrou un céntimo a ninguén por nada: todo o material producido pola coordinadora pode ser usado de forma gratuíta por quen o desexe. Os poucos gastos que puidemos ter ata o momento, como reservar un local, pagámolos do noso peto. Polo tanto, nese sentido a CGENDL no ten nada que ocultar. Máis ao contrario, convidamos a quen queira a que faga as investigacións que desexe. Non sabemos se poden dicir o mesmo as persoas que fan as declaracións que nos traen aquí.

6. Confiamos en que nos responsables da Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística prevaleza o sentido común e non lle dean vento a esta caza de bruxas a través de falsidades contra docentes do ensino público e concertado, é dicir, contra traballadores da propia Consellería. Queremos pensar que a Consellería non se vai converter en cómplice destas falacias e manipulacións contra os seus propios traballadores.

7. Por último, a CGENDL, como organización plural e apartidaria e que ten como principio fundamental pular pola normalización da lingua galega, non vai entrar en polémicas políticas provocadas por un grupo con intereses políticos alleos á educación que, con declaracións intoxicadoras, está a pór en entredito a dignidade dos docentes.

8. Ningunha ameaza, explícita ou implícita, nos fará decaer do noso traballo diario pola normalización lingüística, tanto nos centros do ensino, como na sociedade, tal como o establece a lexislación vixente.


Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 22-10-2010 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Sumemos en galego


Profes de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía reuníronse no Museo do Pobo Galego para protestar contra o Decretazo que para o vindeiro curso impón que estas materias pasen a impartirse en castelán e denunciaron o “retroceso” que suporá esta lexislación con respecto aos avances dos últimos anos. Galicia Hoxe (19/06/2010)

E dado que está en cuestión a legalidade desta norma e que en galego tamén se fai ciencia, o profesorado obrigado a empregar o castelán comprométese por milleiros a seguir educando en galego e está unido para non facer mercar libros de texto en van ás familias e trasladarlle ao alumnado material do centro, para compartir máis na rede as propostas e producións didácticas feitas con tanto esforzo e amor ao país.

Eis os seus argumentos:

Manifesto de APETEGA (Profesorado de Tecnoloxía)

Manifesto de ENCIGA (Ensinantes de Ciencia)

Declaración de AGAPEMA (Profesorado de Matemáticas)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 20-06-2010 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
GalegoLab xa está en marcha
Acaba de nacer GalegoLab para "sumar esforzos e vontades, coñecementos e contactos, habilidades e afeccións en defensa do galego, especialmente centradas nas culturas emerxentes e nos sectores máis novos da sociedade".

Constituída baixo a forma xurídica de asociación cultural, esta plataforma "non compite coas xa existentes en defensa do galego, senón que as complementa (e mesmo lles ofrece os seus servizos), e pretende configurarse como unha ferramenta permanente de difusión do idioma".

Son socios fundadores de GalegoLab Carlos Ares, Belén Regueira, Xurxo Souto, Marcelino Fernández Mallo, María Yáñez, Ana Luísa Bouza, Xosé Manuel Pereiro, Xoán Antón Pérez Lema, Antón Reixa, Iago Martínez Durán, Darío Janeiro, Teresa Táboas, Xosé Bocixa, Paco Lodeiro, Antón Patiño, Sechu Sende, Antón Losada, Alfonso Pato, Isabel Romero, Manolo Antelo, Francisco Fernández Naval, Antón Lezcano, Suso Iglesias, Menchu Lamas, Rafael Cuiña, Cani Martínez Paz, Santiago Torres, Henrique Monteagudo, Xosé Estévez, Santiago Jaureguizar, Afonso S. Regueiro, Jerónimo Pérez, Aser Álvarez, Antón Xosé Díaz, Xosé Manuel Otero, David Peón, Mónica Ares, Lois Rodríguez, Isabel Risco, Manuel Martínez Barreiro, Rubén Ferreiro e Xabier Puente Docampo.

GalegoLab desenvolveu unha plataforma de internet, a xeito de rede social ou instrumento de crowdsourcing, co fin de pór en contacto as persoas e coordinar as achegas de medios de todo tipo para levar adiante accións dinamizadoras e normalizadoras. Entra e déixate sorprender pola creatividade e a ilusión da xente que xa está propoñendo ideas e traballando en proxectos nesta plataforma.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 10-06-2010 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
Academia Postal aposta polo galego en todos os usos
"Academia Postal decidiu empregar o galego en todos aqueles ámbitos que lle sexa posíbel porque quere contribuír ao proceso de recuperación da lingua galega en todos os seus usos, orais e escritos: temarios, exercicios, conferencias, publicidade, etc."

Francisco Nóvoa, director xeral de Academia Postal.

Tes a entrevista completa a Francisco Nóvoa en A Nosa Terra (12/05/2010)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 10-06-2010 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
A macromanifestación do Día das Letras 2010 en imaxes
A lectura do manifesto da plataforma Queremos Galego:



A praza do Obradoiro abarrotada cantando cos gaiteiros da Asociación de Gaiteiros Galegos:




O humor de Quico Cadaval:





O inicio da intervención do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón:



Máis vídeos da macromanifestación de onte en O levantador de minas


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 18-05-2010 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
A macromanifestación do Día das Letras 2010 en titulares



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 18-05-2010 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet