AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Club de conversa na EOI de Lugo
Chapa do ENDL da EOI de Lugo
Na Escola Oficial de Idiomas de Lugo, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística puxo en marcha o curso pasado un club de conversa para fomentar a expresión oral en galego entre xente que habitualmente atopa dificultades para facelo. Nel debaten temas de actualidade, unha vez por semana, persoas galegas e non galegas, procedentes de Francia, Alemaña, Inglaterra ou Perú.

Clicando no seguinte enlace pódese ver unha pequena reportaxe sobre esta interesante iniciativa a prol do galego oral:

Ben falado! Capítulo 193 (Emitido o 17/04/2009)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 11-11-2009 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
A inmersión lingüística en Valdeorras


Ben falado! Capítulo 50 (Emitido o 26/9/2008).

En Valdeorras é doado convivir en galego. Os fillos dos inmigrantes que chegan a traballar nas pizarreiras de Valdeorras, procedentes na súa maioría de América latina, aprenden o galego en pouco tempo e intégranse perfectamente.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 16-06-2009 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Ivica Jandric, un poeta galego


Ivica Jandric é bosnio e estuda na Universidade de Zadar, en Croacia, onde comezou a falar a nosa lingua.

Nas III Xornadas das Linguas e Culturas Iberorrománicas, en maio de 2009, Ivica falou con Séchu Sende da súa experiencia co galego.

Ademais, inspirado na experiencia alófona de Federico García Lorca e os Seis Poemas Galegos, Ivica escribiu os Seis poemas ghaleghos dos Balkáns.

Eis o seu poema "FALA!" que menciona no vídeo:


FALA!
(Himno a unha amizade)

Fala!

Coñecinte por casualidade, por destino, non importa,
E dende que oín a túa voz, abriu a miña porta,
A porta ó meu mundo, ó meu corazón, á miña vida,
E un amor, unha amizade eterna foi nacida.

Fala!

Viñeches, viches, conquistáchesme rapidamente,
Nun momentiño trouxéchesme a aperta da túa xente.
Pedíchesme axuda e ofrecíchesme a amizade,
Aghora seino, é destino, non unha casualidade.

Fala!

Quero escoitarte, ghústame o aire que sae da túa boca,
A miña alma necesítao, a túa voz aínda me toca.
Por isto digho, non permitas que se olvide. Fala!
As túas palabras son douradas, a túa voz, hai que coidala!

Fala!

Abríchesme toda a túa vida e invitáchesme a ela,
E dixeches coa voz doce, ven, escoita, tes que vela,
E quero aghradecerche, aínda que a miña boca cala,
Mais a miña alma fala, fala, fala, e só repite un ghrande...

FALA!



* Fala: (a) imp. de “falar”; (b) croata non-estandard (de “hvala” = grazas)


Ivica Jandric


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 21-05-2009 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
O croata que quere poder elixir falar cos galegos en galego

"Todos din que a lingua galega non é necesaria, como xa falo ben castelán... A min gústame poder elixir falar cos galegos na súa lingua..."

Hrvoje é croata e, aínda que nunca estivo en Galicia, estuda galego na Universidade de Zadar (Croacia). Alí falou con Séchu Sende nas III Xornadas das Linguas e Culturas Iberorrománicas.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 21-05-2009 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Quererse en galego



Universidade de Zadar, Croácia, maio de 2009.

Séchu Sende estivo en Zadar (Croacia) durante a celebración das III Xornadas das Linguas e Culturas Iberorrománicas e tivo a ocasión de falar con alumnos de galego universitarios e tamén de escoitar os novos falantes da nosa lingua que por alí había. Esta é unha das marabillosas descubertas que xenerosamente comparte na rede:

"Blanca é bósnia e aprendeu galego em Croácia. Tom, inglés, e aprendeu-no em Gales. Conhecerom-se em Compostela num curso de verao para estudantes estrangeir@s. Blanca nom lhe dixo a Tom que sabia inglés e conhecerom-se falando o seu galego de quem começa a falar.

Conhecerom-se até querer-se, em galego.

Quando acabou o curso de verao voltarom aos seus países. E continuarom a falar em galego, por teléfono, por internet, quase todos os dias."

Tamém inventam palavras em galego. Por exemplo com o diminutivo, e assi, como de "bonito" se di "bonitinho", -explica Tom-, a partir de "bo" inventamos "boínho".

Guai de pai!


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 21-05-2009 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
A que son riquiños estes british?

O 25% dos estranxeiros que chegan a Galicia acollen o galego como lingua habitual. No seguinte vídeo podemos escoitar algúns dos motivos que os levan a facelo.

Por que nos gusta tanto que os estranxeiros falen galego? Quizais porque o seu exemplo pode ser moi importante para todos os galegos e galegas que non se atreven a falalo?

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Información emitida o 18/5/2008.



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 26-03-2009 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Dous escoceses amantes do galego

David Clark e James Salter son escoceses, pero residen en Galicia e falan galego. O primeiro é profesor na Universidade da Coruña e o segundo acaba de publicar en galego a súa novela A idade da auga na editorial Xerais.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Información emitida o 25/3/2009


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 26-03-2009 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
Galego para xaponeses

O lingüista Take Kazu Asaka entrou en contacto co galego no ano 1988 e púxose a aprendelo a través dos libros, da música e dos xornais. Agora os xaponeses que queren aprender galego téñeno máis doado grazas a el, pois é o autor de Gramática galega, Manual de conversa en galego e Vocabulario básico galego, os primeiros libros de galego para xaponeses.

Take Kazu Asaka tamén é o tradutor ao xaponés de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Imaxinades como soará "Campanas de Bastavales" en xaponés? Agora podemos escoitalo no Ben falado! Capítulo 176 (Emitido o 24/3/2009)

.


Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 26-03-2009 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
Unha andaluza galega
Desde Andújar, en Jaén, Estefanía Prieto veu a Santiago de Compostela para estudar fraseoloxía galega.

Podemos escoitar o seu galego con acento andalúz no Ben falado! Capítulo 123 (Emitido o 8/1/2009):





Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 26-03-2009 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Alemáns que falan galego
Dos corenta e cinco lectorados de galego espallados polo mundo, cinco están en universidades alemás e precisamente de Alemaña, chegaron, en setembro de 2008, os seus cinco lectores acompañando un grupo de alumnas e alumnos universitarios que viñeron coa intención de coñecer Galicia e practicar a lingua galega sen prexuízos.

Podémolos coñecer na reportaxe do Ben falado! Capítulo 106 (Emitido o 15/12/2008).



Tamén os podemos escoitar no vídeo que acompaña o artigo de Vieiros, A lingua e a billarda: cuestión de práctica.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 26-03-2009 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
O Sinbad de Cunqueiro en húngaro


Ben falado! Capítulo 51 (Emitido o 29/9/2008).

Veronika Gergeli está traducindo a novela Se o vello Sinbad volvese ás illas ao húngaro e fala da relación entre o Sinbad de Cunqueiro e a novela Szindbád do húngaro Krúdi Gyula.

Que leva a unha moza de Budapest a aprender o galego?


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 26-03-2009 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Relacións entre o romanés e o galego



Ben falado! Capítulo 23 (Emitido o 20/8/2008)

A filóloga Monica Iuliana Dumitrescu, procedente de Bucarest (Romanía), elabora un dicionario galego-romanés e fala das similitudes entre as dúas linguas.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 26-03-2009 08:32
# Ligazón permanente a este artigo
É difícil falar galego?



Ben falado! Capítulo 30 (Emitido o 29/8/2008)

Burela. Inmigrantes integrados.

En Burela parece doado, por que non en Pontedeume?


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 11-02-2009 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Estereotipos sobre os nosos veciños



Ben falado! Capítulo 91 (Emitido o 24/11/2008)

A lingüista polaca Wiktoria Grygierzec estuda os estereotipos e prexuízos que alimentamos sobre os nosos veciños fronteirizos e como as relacións entre galegos, portugueses e casteláns se ven reflectidas na lingua.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 11-02-2009 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia e Galitcja

>

Ben falado! Capítulo 87 (Emitido o 18/11/2008)

Neste capítulo podemos coñecer como somos vistos os galegos por unha polaca de Cracovia e tamén aprender un trabalinguas para dobrar a lingua.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 11-02-2009 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet