AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

O perfecto galego dun profesor andaluz en Burela



A viaxe de Hércules (2011) é unha curtametraxe documental que constitúe unha crónica do achegamento á lingua galega do profesor de química andaluz Domingo Ruiz Pineda.

Producida polo IES Perdouro de Burela e realizada por Matías Nicieza. Obra vinculada co Modelo Burela de Planificación Lingüística.

Música: "First Chill of Autumn", de Kevan Paull. Licenza Creative Commons.



Grazas pola información, Nila.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 28-04-2012 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
En Alemaña fálase: Rosmarie
Rosmarie Fuchs está a piques de rematar os seus estudos de Tradución en Leipzig (Alemaña). Tras varias visitas turísticas a Galicia, a súa curiosidade polo galego levouna a matricularse nun curso.

Para comprobar o ben que fala despois de só catro meses estudando a lingua, non perdas este vídeo gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig:




Fonte: eufalo.tv


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 19-01-2012 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
En Alemaña fálase: Katja
"O galego ten que ter a autoconfianza como para dicir si, son galego e falo galego sempre."

Estas son palabras de Katja Bode, que é alumna do máster de Tradución en Leipzig (Alemaña) e estuda galego dende hai nove meses.

Katja estivo de Erasmus en Santiago de Compostela e quedou namorada de Galicia e da cultura galega. Neste vídeo, gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig, cóntanos o gran potencial que lle ve á lingua galega:




Fonte: eufalo.tv

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 19-01-2012 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Un ex-alumno de galego en Londres
Dani é un ex-alumno do Cañada Blanch, que agora estuda na Universidade de Brighton:





Fonte: Fala Londres


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 19-01-2012 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
Belén Regueira "confésase" neofalante

Neofalantes. Belén Regueira from Sr. Verme on Vimeo.


Intervención da xornalista Belén Regueira na charla-coloquio organizada polo colectivo A nave das ideas na Casa da cultura de Vigo o 10 do nadal de 2010. Presenta Xurxo Martínez.


Fonte: anavedasideas.blogaliza.org
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 13-02-2011 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Séchu Sende. Reflexións dun escritor neofalante


Intervención do escritor Séchu Sende na charla-coloquio organizada polo colectivo A nave das ideas na Casa da cultura de Vigo o 10 do nadal de 2010.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 13-02-2011 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Daria Shornikova, tradutora do galego ao ruso




Daria Shornikova entrevistada por Séchu Sende no verán de 2009.




Ben falado


(Vigo, 10 de decembro de 2010)

Daria Shornikova conta a súa experiencia como neofalante na primeira charla-coloquio organizada polo colectivo A Nave das Ideas baixo o título "Pero... Que raios é iso dos neofalantes?".


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 13-02-2011 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
O galego na Alemaña


Ben falado! Capítulo 131 (emitido o 20/01/2009 na TVG)
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 02-12-2010 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
Makiko Kitago. Outra conexión Xapón-Galicia
Makiko Kitago fotografiada por Sandra Alonso en Santiago
No verán de 2009 na praza de Abastos compostelá tivo lugar unha «Hashi Fest» na que se tendeu unha ponte metafórica entre Galicia e Xapón a través da música, a paisaxe e a gastronomía.

A soprano xaponesa afincada en Madrid, Makiko Kitago, horas antes da «Hashi Fest» explicou un pouco o espírito do espectáculo:





Un momento do ensaio:



Entrevista a Makiko Kitago publicada en La Voz de Galicia (27/08/2009)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 02-12-2010 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
Mark Wiersma, de California: o galego tamén é un xeito de resistir


Fragmento do documental Memoria da lingua no que o californiano Mark Wiersma reflexiona sobre o uso da lingua galega na situación actual.

Nun mundo globalizado, falar galego tamén pode ser un acto de resistencia, de boicot ao pensamento único. Nas súas palabras: "Na medida en que empregamos o galego tamén é unha forma de resistir, pero non só na fala, tamén na acción"


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 22-11-2010 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
Yamamoto
Entrevista a Yamamoto na Radio Galega:

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 22-06-2010 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
Craig Patterson e a identidade galega
O galés Craig Patterson é profesor da Universidade de Cardiff e especialista en Otero Pedrayo.

Segundo Patterson a súa terra, Gales, e Galicia teñen moito en común: "Son países europeos que comparten vínculos perennes, cunha base rural común, unha paisaxe non tan distinta e unha cosmovisión máis ben nórdica ou atlántica".

Chegou a España para estudar durante un ano na Universidade de Salamanca e aventurouse alá polo ano 95 a coñecer Galicia. "Alugamos un amigo galés e mais eu un Ford Fiesta e subimos polas terras de León ata chegar a unha Compostela raiolada por un barroco invernizo. Namoreime. E sigo namorado", afirma o profesor galés.

Viviu durante o ano 1996 en Galicia: "Aprendín galego como bolseiro. Cheguei en setembro, e xa en novembro tiña convertido o meu castelán en galego básico e funcional".

Realizou o seu doutoramento en identidade galega traballando sobre a figura de Otero, baixo o título O devalar da idea. Otero Pedrayo e a identidade galega. Ademais do escritor ourensán, Mendez Ferrín, Manolo Rivas e Castelao son outras figuras que Patterson considera fundamentais na contribución á cultura galega.

Na actualidade está traballando na tradución ao inglés de Sempre en Galiza e colabora no xornal Galicia Hoxe.

Visita dúas veces no ano Galicia. "As cidades de Nova York e Santiago de Compostela son dous lugares onde máis quixera botar tempo serio". O profesor entende que Galicia sabe acoller os novos chegados ás súas costas "por herdanza dos ronseis do mar e do camiño de Santiago"..

No referente ao galego como lingua considera que hai que avanzar con pragmatismo e optimismo, sen deixar por iso de facer caso ás cifras alarmantes. O experto en Galicia cre que "hai que ter en conta que o galego sobreviviu a séculos escuros mergullado nun pesimismo pésimo".


Fontes:

Craig Patterson, profesor en Cardiff, presentó su obra sobre Otero Pedrayo, La Voz de Galicia (30/06/2008)

"Aprendín galego como bolseiro")Galicia Hoxe (09/07/2008)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 09-05-2010 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
Pásate ao galego! no ferrolán Café da Vaca
A Mocidade da Mesa da comarca ferrolá pon a andar hoxe sábado a iniciativa 'Pásate ao Galego!'. A partir das 18 horas, todas as persoas interesadas teñen unha cita no ferrolán Café da Vaca (Rúa Dores, 34).

Segundo diferentes estudos sociolingüísticos Ferrol e a súa comarca destaca como unha das contornas xeográficas máis desgaleguizadas, sinaladamente entre a poboación menor de 25 anos. Así, segundo a Enquisa de Condicións de Vida das Familias Galegas, só no 3'93% dos fogares ferroláns o galego é lingua habitual.

A Mocidade pola Normalización Lingüística da comarca ferrolá está composto por mozas/os que perciben como unha das grandes eivas ás que se enfronta a xente nova que desexaría mudar para o galego é a ausencia de espazos onde a lingua propia do país sexa a vehicular.

Intentando remover este atranco, o colectivo xuvenil da Mesa en Ferrol inicia este sábado 1 de maio a partir das 18 horas a iniciativa 'Pásate ao Galego'!, en parte tomada das exitosas 'Conversas Galegas' que desde hai xa meses se desenvolven na cidade da Coruña.

A idea básica da iniciativa é a de se xuntaren, en principio cada sábado á tarde, un grupo de persoas para conversaren sobre os temas máis variados, segundo a súa propia elección, coa condición de que o idioma a empregar sexa na medida do posíbel o galego.


Fonte: A Mesa pola Normalización Lingüística
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 01-05-2010 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
O exemplo chega de lonxe
Desde hai varios anos a Universidade de Santiago de Compostela vén organizando os Cursos de galego para estranxeiros. Estes cursos constitúen un privilexiado espazo no que estudantes procedentes dos cinco continentes se afanan por aprender a lingua de Galiza e o conxunto da nosa cultura.

Esta reportaxe de 2002 tenta facer unha síntese da experiencia destes anos, amosando as declaracións de estudantes dos cursos que en moi pouco tempo aprenderon galego e fálano cun grao de corrección considerable, co obxecto de animar a aqueles alumnos e alumnas de Galicia que aínda non se atreven a falar en galego a que o falen.


O exemplo chega de lonxe I:



O exemplo chega de lonxe II:



O exemplo chega de lonxe III:



O exemplo chega de lonxe IV:



O exemplo chega de lonxe V:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 11-11-2009 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de verán para estranxeiros 2009
No verán Santiago acolleu os CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS PARA ESTRANXEIROS 2009 como xa vén sendo tradición desde 1988.

Este ano houbo alumnado de Grecia, de Polonia, de Rusia, de Chile ou de Albacete. As orixes da xente que quere aprender galego son moi variadas, tanto como os seus motivos. Desde aqueles que se achegan á nosa lingua desde as filoloxías estranxeiras, até aqueles que o fan para comprender máis a nosa música ou os que atopan no galego unha ponte de unión cos países lusófonos. No Instituto da Lingua Galega (ILG) levan 22 anos ofrecendo esta posibilidade aos estranxeiros por medio de cursos de verán nos que se profunda no idioma, mais tamén na cultura, a literatura ou mesmo a paisaxe e xeografía galegas.

Nunha clase con acentos dos máis diversos puntos do mundo, na que se conxungan todo tipo de culturas, técense amizades e espértanse conciencias a prol da defensa da nosa lingua. Vieiros quixo compartir unha xornada cos alumnos do curso máis avanzado, na que se achegaron á pegada de Santiago de Compostela no noso imaxinario literario.

En Vieiros conversaron con eles sobre o seu interese polo galego, sobre a súa experiencia en Galiza, sobre as súas expectativas futuras con respecto á nosa lingua e mesmo deron a súa opinión sobre o tan manido conflito lingüístico que ocupa acotío as primeiras páxinas dos medios de comunicación (ver vídeos).


Fonte: Vieiros (17/07/2009)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 11-11-2009 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet