AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

A TVG recolleu en Suecia o premio á Mellor Ficción Europea por
O prestixioso galardón foi concedido no transcurso dunha gala pola asociación Circom, que agrupa a 269 televisións públicas rexionais de Europa.

Trátase do recoñecemento máis importante recibido pola canle autonómica na súa historia.

O xurado escolleu esta produción da Galega por ter “todos os ingredientes dunha excelente produción: ben escrita, dirixida, editada e actuada”


Máis información na CRTVG

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 21-05-2012 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
FRASEOLOXÍA VISUAL 2
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 09-03-2012 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
FRASEOLOXÍA VISUAL 1
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 09-03-2012 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
Biblioteca Vivente "Os Tesouros Vivos"
No marco dos XIV Encontros para a Normalización Lingüística tivemos noticia da primeira Biblioteca Vivente organizada en Galicia. Unha experiencia extraordinaria que XANDOBELA puxo en marcha en Vigo xa hai un ano:




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 09-03-2012 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
Galegos en Londres
Este programa da TVG achéganos á vida en Londres de varios galegos e comeza pola de Maricarmen de Culleredo, que leva alí catorce anos e é xefa de recursos humanos na segunda cadea de supermercados máis grande da capital británica.

Nos primeiros doce minutos Maricarmen amósanos Londres e fálanos do seu traballo, de linguas e do seu amor á terra. Tantos anos fóra de Galicia non foron ningún obstáculo para manter viva a súa lingua e transmitírllela aos netos.

GALEGOS NO MUNDO: LONDRES 1/7/2010




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 19-01-2012 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
Pasou o tempo dos magostos...
Castañas no Colmeiro

Castañas no Colmeiro (Silleda) from ENDL Colmeiro on Vimeo.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 23-12-2010 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
Bótame na pota
Soubemos por Caderno de Lingua, que este é o nome que lle puxo o ENDL do IES Pintor Colmeiro de Silleda a unha actividade normalizadora na que a rapazada, o profesorado ou as familias explican ante as cámaras como facer unha receita ao máis puro estilo larpeiro co obxectivo de divulgar o vocabulario gastronómico en galego, ademais de implicar a toda a comunidade educativa e a contorna nun proxecto común.

Orixinal actividade que combina a dimensión educativa e a lúdica. Xa ía sendo hora de poder fachendear de “sentir o galego no bandullo” ou “o galego, a pedir de boca”.

E para abrir o apetito aquí tedes o proceso de elaboración do MARMITAKO DE ANDREA:

O marmitako de Andrea from ENDL Colmeiro on Vimeo.


Ou, se sodes máis de carne ca de peixe, aí tedes os segredos das QUEIXADAS AO MENCÍA:

Queixadas ao mencía from ENDL Colmeiro on Vimeo.


Parabéns aos larpeiros do Colmeiro e bo apetito aos que ensaiedes estas receitas!



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 22-06-2010 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
O avoíño
"Avoíño" é unha promo do documental Lourizán, parroquia mártir. Crónica dun paraíso perdido.


GRAVADO NO PAZO DE LOURIZÁN EN MAIO DE 2007





Entrevistado: José Santiago Pazos

Guión e dirección: Lukas Santiago

Imaxe e Son: Miguel Barbosa e Facundo De Vitto

Montaxe: Lukas Santiago

Produción: Lukas Santiago


COMENTARIO DO DIRECTOR:

En realidade, esta curta é un resumo da entrevista que lle fixen ó meu avó fai xa 3 anos, para o documental Lourizán, parroquia mártir. Crónica dun paraíso perdido. Este traballo fíxeno para a miña familia, e o título que eu lle puxera no seu momento foi o de Avoinho, pero vén a ser unha especie de resumo ou de promo do documental que quero facer da miña parroquia, a primeira historia que tiven ganas de contar porque foi a primeira historia que o meu avó me contou de pequeno: Cando era neno pensaba que nacera nun lugar moi feo. E foi o meu avó o que me fixo comprender que non era así, que Os Praceres era un lugar especialmente fermoso, e que esa beleza nola roubaran, os ricos, como di el...

Este documental, como o seu título indica, é a crónica de cómo Lourizán era un auténtico paraíso fai un século, no que o mandamáis da época, Montero Ríos, estableceu a súa residencia, e onde viñan as clases altas tomar os baños de mar, tan de moda naquel momento; e como a instalación da Celulosa en tempos de Franco, supuxo non soamente a destrución de gran parte do que era o banco marisqueiro máis grande e produtivo de Galicia, cando levavan a cría para Carril e ás outras rías, senón tamén a destrución do futuro da parroquia que pasou a convertirse nunha especie de patio traseiro, como eu lle chamo, do Concello de Pontevedra, dando lugar posteriormente á instalación aquí da depuradora, ou á construción do tren ó porto polo medio da única praza que temos. Como di o meu avó: O pueblo matouno... Lourizán, é unha parroquia mártir, unha máis, de tantas. Pero é a nosa!

Xosé Santiago para min é o mellor avó do mundo. Se tivera que destacar algo del sería que é ante todo un home bo, e que sempre afrontou o mundo co seu eterno sorriso Os vellos representan a sabiduría popular. Son os últimos portadores da cultura tradicional galega, rural e mariñeira, que con eles desaparecerá ante o empuxe da posmodernidade e do mundo globalizado. É o noso deber documentar e rexistrar o seu testemuño para conservar en parte ese mundo que xa se foi... O amor e o respecto ós vellos é moi importante. O amor polos nosos maiores é o amor ás nosas orixes. Se non nos sentimos orgullosos das nosas orixes non nos queremos a nós mesmos. E se non nos queremos a nós mesmos non podemos amar ós demais...

Saúde, amor e alegría!!!


Vía: Aula Galicia

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 22-06-2010 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
Galegos no estranxeiro
Alumnos e alumnas do IES Chano Piñeiro de Forcarei na súa viaxe de estudos a París entrevistaron a Josefa, unha emigrante galega que leva máis de 30 anos en París traballando como porteira, emprego desenvolto pola maioría das galegas emigradas á capital francesa. Estiveron os rapaces e rapazas de Forcarei na súa portería, na zona da Ópera, e Josefa contestou amablemente as preguntas que lle fixeron.

Segundo recollen no blog Lingua de Montes: "En Ile-de-France disque hai máis de 20.000 galegas e galegos. E a maior parte non só fala en galego senón que llo transmite aos seus descendentes. Aínda han de facer boa a celebérrima frase "sempre nos quedará París". Reparade, iso si, a lóxica influencia do francés na súa lingua: o factor, o fiul, o sandic."

Escoitemos o podcast da entrevista con Josefa:





Fonte: "Mini-entrevista a Josefa, emigrante galega en París", publicado no blog Lingua de Montes (15/04/2010) do ENDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 09-05-2010 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
O galego visto polos nosos veciños portugueses
Se queres aprender algo de portugués ou máis ben as pequenas diferenzas co galego ou como nos ven en Portugal, non podes perder esta reportaxe do programa da RTP 'Cuidado com a língua' sobre as diferenzas do galego con respecto ao padrón lisboeta.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 02-02-2010 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
Falantes de San Matín de Trebello (Val das Ellas)
Veciña de San Martín de Trebello falando "mañegu":



Testemuña dun veciño de San Martín de Trebello:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 02-02-2010 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
A fala do Val das Ellas


No Val do río Ellas, ao pé do Xálima, atópanse "Os tres lugaris": As Ellas, Valverde do Fresno e San Martín de Trebello. Neste territorio situado no noroeste da xeografía estremella fálase o que se coñece como a Fala de Estremadura, mais tamén como galego de Estremadura, galego estremeño, fala de Xálima ou fala dos tres lugares.


A modalidade que se fala en cada un dos tres concellos do val ten a súa denominación, así en San Martín de Trebello fálase o mañego (mañegu), en Valverde do Fresno o valverdeiro (valverdeiru) e nas Ellas o Lagarteiro (lagarteiru).



As Ellas en Extremadura TV:



Reportaxe sobre a fala do Val de Ellas. O presentador trata de imitar a fala, pero sen moito xeito..., pero son interesantes as intervencións dos veciños do lugar de todas as idades, verdadeiros tesouros vivos:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 02-02-2010 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Como falan no Bierzo?

Ben falado! Capítulo 150 (Emitido o 16/02/2009)

Capítulo adicado á fala do Bierzo.
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 02-02-2010 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
A emigración a Suíza

Nome: Dolores Rey Rama
Orixe: Zas (A Coruña)

Dolores conta as súas experiencias laborais en Galicia, a súa estancia na cidade durante dous anos e, finalmente, a súa marcha a Suíza. Explica os diferentes oficios nos que traballou. En Galicia traballou no campo, nunha plantación e nunha mina. En Suíza exerceu de asistenta nun fogar. Relata tamén os aspectos máis ventaxosos da súa estancia en Suíza, como os horarios de traballo que lle permitían disfrutar de tiempo libre.

Fonte: Archivo de la Experiencia


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 21-06-2009 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
A emigración a Francia

Nome: Gloria López Novoa
Orixe: Ourense

Gloria cóntanos como foi a súa experiencia na emigración traballando na hostelaría nunha vila do sur de Francia. Explica que as condicións de vida dos emigrantes eran moi duras e ve similitudes coa vida dos inmigrantes de hoxe en día.

Fonte: Archivo de la Experiencia


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 21-06-2009 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet