AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

SOFTWARE, TECNOLOXÍA E REDE GALEGA


CÓDIGO CERO
Diario tecnolóxico de Galicia.Podes subscribirte ao seu boletín por correo electrónico para recibir información das novas tecnolóxicas.
http://www.codigocero.com

EGALEGO.COM
Proporciona traducións ao galego das aplicacións informáticas máis empregadas.
http://www.egalego.com

GALAPPS
ConxuGalego, DicionarioGalego e TradutorGalego son as ferramentas lingüísticas da suite GalApps que están dispoñíbeis para móbiles Android e para iPhone e iPad.
http://galapps.es

G11N.NET
Plataforma informática creada para garantir a pervivencia das actividades que desenvolveu nos últimos anos Mancomún, mais sen depender das institucións, de partidos políticos ou empresas. Traballa coas achegas de persoas voluntarias na xestión de proxectos de galeguización.
http://www.g11n.net

MANCOMÚN
Iniciativa galega polo software libre. Este portal é o punto de encontro do sofware libre galego. Iniciativas, eventos, recursos, espazo colaborativo, etc.
http://www.mancomun.org

PROXECTO TRASNO
Pioneiros na tradución ao galego do sóftware libre, agrupa persoas voluntarias dedicadas á tradución de aplicativos, co fin de que a comunidade galegofalante poida dispor de software libre adaptado ás súas necesidades e requirimentos lingüísticos e culturais.
http://trasno.net

PUNTOGAL
Iniciativa para a procura do dominio de internet .gal para a cultura galega.
http://www.puntogal.org

TREBELLOS
Weblog colectivo no cal se trata a actualidade dos gadgets e artiluxios máis novidosos e máis curiosos que saen ao mercado (robótica, periféricos, telefonía...).
http://www.trebellos.org


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-02-2008 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
TURISMO, PAISAXE E PATRIMONIO CULTURAL
EUMETURISMO
Información sobre aloxamentos, restaurantes e actividades na natureza na comarca do Eume.
http://www.eumeturismo.org

GALICIA TURISMO
Buscador de aloxamentos turísticos en todo o país.
http://www.galiciaturismo.es

OWN THE WAY RUTAS
Acceso a audioguías gratuítas para móbiles de rutas turísticas de Galicia principalmente. A maioría dispoñen de versión en galego.
http://www.owntheway.com/rutas

PATRIMONIO CULTURAL GALEGO
Nesta páxina podemos informarnos e navegar polas imaxes do noso patrimonio histórico, arquitectónico, paleontolóxico, arqueolóxico, etnográfico, científico e técnico, ademais do patrimonio documental e bibliográfico, os conxuntos urbanos, os lugares etnográficos, os xacementos e zonas arqueolóxicas, así como os lugares naturais, xardíns e parques que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico.
http://www.patrimonio.org

ROTEIROS DA CULTURA GALEGA
Nesta aplicación web o Consello da Cultura Galega ofrécenos viaxes temáticas a redor do noso territorio, soportadas polas últimas tecnoloxías. Estreouse cos Roteiros do Rexurdimento, con roteiros en coche (Rosalía de Castro, Curros Henríquez en Ourense e Eduardo Pondal) e a pé (Curros na cidade da Coruña).
http://www.culturagalega.org/roteiros

TUR GALICIA
Para facer turismo pola nosa terra. Información de onde comer e aloxarse, que ver e que facer.
http://www.turgalicia.es


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-02-2008 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
XOGOS NA REDE


A PÁXINA DE BULI. A PÁXINA DOS XOGOS ENIGMÍSTICOS
Anagramas, cadeados, calembures, charadas, enigmas puros..., están agardando ser resoltos neste blog creado para fomentar a actividade enigmística en galego.
http://www.blogoteca.com/buli

CATAPALABRAS
Xogo no que poden participar de dous a catro xogadores que consiste basicamente en que cada quen escriba palabras que encaixen en certas categorías elixidas ao azar (froitas, animais etc.) e que comecen por unha letra determinada obtida tamén aleatoriamente a través dun dado de 20 caras.
http://www.as-pg.com/catapalabras

LETRAD@S.GZ
Versión on-line en galego do scrabble realizada pola AS-PG, coa colaboración da Secretaria Xeral de Política Lingüistica. É un xogo de mesa xa clásico que consiste en crear palabras entrelazadas sobre un taboleiro. Pódense disputar partidas de varios xogadores (de 2 a 4) e tamén dun xogador contra o computador.
http://www.as-pg.com/letradas.gz

MEGA XOGOS
O portal en galego de xogos gratuítos na rede. Xogos de aventuras, deportes, condución, maquillaxe, memoria... Se queres vestir a Hannah Montana, conducir con toda precisión ou cazar moitos monstros, aquí podes.
http://www.megaxogos.com

MEMORIA PIXELADA
A mellor web en galego sobre videoxogos.
http://memoriapixelada.com

O AFORCADO DE SAN XOÁN
O clásico xogo do aforcado. Só hai que adiviñar a palabra agochada en cinco oportunidades, antes de que o lume queime o Meco.
http://www.edu.xunta.es/contidos/xogos/aforcado/aforcado.html

O MISTERIO DAS 7 PEZAS
Sete pezas básicas de Santiago desaparecen misteriosamente. Como consecuencia a cidade perde peso e queda suspensa no aire. Ti tes que resolver o misterio. Atréveste? Entra nesta páxina e descarga o xogo.
http://www.culturagalega.org/especiais/misterio/index.htm

O PREGUNTOIRO
Aprende o idioma e a cultura galega respondendo ás preguntas do xogo. Bioloxía, Lingua, Literatura, Adiviñas, Enografia, Refráns, Xeografía, Historia e Arte...
http://www.edu.xunta.es/preguntoiro

O XOGO DA CURUXA
Baseado no xogo da oca, o que o distingue do xogo clásico, é que neste, cando alguén cae nun cadro deberá superar unha proba para poder ficar nel, evitar un castigo, etc.
http://www.as-pg.com/curuxa

TRIVIAL.GZ
Este trivial feito pola AS-PG ten máis de 6000 preguntas e máis de 4000 usuari@s rexistrados. Rexístrate e participa nos próximos campionatos.
http://www.as-pg.com/trivial.gz

TRIVIALINGUA
Nesta páxina podes xogar a un trivial de cen preguntas.
http://mais.vieiros.com/ciberlingua/trivialingua.php

XOGA CON NÓS. XOGOS EN REDE
Xogos do máis clásico, como o aforcado, os quebracabezas, o preguntoiro...
http://www.edu.xunta.es/xogos/


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-02-2008 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
XUVENTUDE


CONSELLO DA XUVENTUDE DE GALICIA
Entidade institucional representativa das asociacións xuvenís do noso país. Información para os xoves sobre cursos, subvencións, premios e actividades.
http://www.cxg.org

QUÉROTE
Centro de asesoramento afectivo-sexual para a mocidade dependente da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia.
http://www.querote.org

XUVENTUDE.NET
Portal de información para a mocidade da Xunta de Galicia (vivenda, emprego, cursos, premios, actividades, carné xove, turismo xuvenil, etc.).
http://www.xuventude.net


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-02-2008 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
Preparando as vacacións
Xa estamos ás portas das vacacións!!! Despois do esforzo da recta final chega o merecido descanso!!!

Xa sabemos que algúns teredes que estudar no verán, pero para os que sabedes organizarvos e conseguides uns días para descansar, que mellor que pensar en actividades alternativas para fuxir da rutina á que nos obriga o frío do inverno?

Se entrades en XUVENTUDE.NET atoparedes información sobre moitas cousas interesantes, pero tamén unha oferta de actividades nas que podedes participar este verán con xente do voso tempo e que comparte as vosas mesmas inquedanzas.

Aquí podedes entrar en algunhas destas propostas:

Campamentos de verán aos que podedes ir en Galicia, noutras comunidades e tamén no estranxeiro.

Campos de traballo que se poñerán en marcha ao longo do verán dentro e fóra de Galicia e nos que podedes participar en actividades de voluntariado e tempo libre.

Escolas de tempo libre para a formación de futuros monitores de tempo libre.

Animádevos e pasádeo moi ben!!! O verán agarda por vós!!!


Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 18-06-2007 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Delicatessenweb

A Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia puxo en marcha en 2006 a iniciativa "MÁIS INTERNET, MÁIS GALEGO, MÁIS FUTURO" para conmemorar o 17 de maio o Día de Internet, o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información e o Día das Letras Galegas.

Na campaña "+INTERNET+GALEGO+FUTURO" deste ano 2007, desde a páxina www.maisinternetmaisgalego.org proponse, entre outras, unha actividade chamada Delicatessenweb que se desenvolverá entre o 1 e o 17 de maio.

A actividade consiste en facer un catálogo de webs con contidos en lingua galega. Os internautas poderán (poderemos) recomendar aquelas webs en lingua galega que consideren (consideremos) de maior interese polos seus contidos e utilidades e confomar así de modo colectivo un catálogo galego de espazos web.

Sería interesante que participase moita xente facendo propostas e votando as que xa fixeron outros.




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 30-04-2007 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Abrimos unha sección de páxinas webs
A rede en galego está medrando e non sempre sabemos todo o que podemos atopar en Internet, así que aquí imos comezar a promocionar páxinas en galego que nos parezan especialmente interesantes.

Só pretendemos ir presentando algunhas das moitas páxinas web que hai en galego que poidan ser de utilidade ou simplemente divertidas para a xente do noso centro.

Colaborade presentando as vosas páxinas web favoritas!





Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 30-04-2007 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Dicionario de msxs breves e emoticóns


Aquí tedes un dicionario de mensaxes breves e emoticóns para móbiles, elaborado polo alumnado de Técnicas de Expresión Escrita do IES David Buján de Cambre. Pode servos de moita utilidade para o concurso de SMS, pero tamén, por suposto, para as vosas mensaxes diarias en galego.

Dámoslles as grazas aos do David Buján de Cambre por compartir na rede o seu traballo.


Deixa o teu comentario (3) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 18-04-2007 02:15
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet