AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

DiGaTIC - Dicionario Galego das TIC


Xa podemos consultar na rede o DiGaTIC (Dicionario Galego das TIC).

Despois de dous anos de traballo, presentouse hoxe o primeiro dicionario enciclopédico galego sobre novas tecnoloxías. A publicación recolle máis de catro mil termos e supuxo un investimento de máis de 180 mil euros. Ademais da súa edición en papel, o DiGaTIC está dispoñíbel a través da internet, no enderezo www.digatic.com, onde será actualizado permanentemente.

Trátase dun proxecto iniciado no ano 2008 e desenvolvido desde a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, coa colaboración da Universidade de Vigo e da RAG, e financiado pola Consellería de Innovación e Industria. O sistema aglutina o traballo conxunto de tecnólogos das TIC, deseñadores de aplicacións, docentes, lexicógrafos, etc., co obxectivo de poñer a disposición da comunidade tecnolóxica un amplo léxico técnico en galego que facilite a utilización e a propagación do noso idioma dentro deste ámbito.

O DiGaTIC está noviño do trinque, así que só nos queda darlle moito uso e sacarlle moito proveito en www.digatic.com.


Fonte: Blog Pedriñas e Vieiros (15/12/2009)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 15-12-2009 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
Surf GZ. Xornal surfeiro galego
Os e as amantes do surf en Galicia están de noraboa, porque está en funcionamento unha interesantísima web galega centrada no surf, trátase de Surf GZ, que naceu hai xa 15 meses editada por Kiko Campos, un vigués afincado en Lanzarote, e que agora conta cunha ducia de colaboradores.

Surf GZ é un xornal on-line en galego, que ten como obxectivo principal informar á comunidade surfeira galega, mais tamén fortalecer o surfing galego e facelo máis visible en internet.

Surf GZ avanza cada día no seu camiño de ser o primeiro referente galego en información surfeira, e ademais de surfing, nas súas seccións trátanse temas como bodyboard, longueirón (ou longboard), ecoloxía, viaxes ou información científica e tecnolóxica relacionada co surf.

Quen de verdade teña interese no surf, non pode deixar de entrar en www.surfgz.com.


Fonte: Vieiros (10/12/2009)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-12-2009 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
Irmandiños: A revolta. O maior xogo de rol en vivo do mundo

Irmandiños: A revolta foi recoñecido como o xogo de rol en vivo máis grande do mundo e mesmo bateu o Record Guinness na súa última edición. Leva tres edicións (2006, 2007 e 2008), pero descoñécese se haberá edición 2009...

Pódese consultar toda a información na web do xogo: www.irmandinhos.com/revolta.swf


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 21-06-2009 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
O xogo da Curuxa
Taboleiro do xogo da Curuxa

A AS-PG vén de publicar na rede un novo xogo: O Xogo da Curuxa.

O xogo da Curuxa está baseado no xogo da oca e consiste en lanzar o dado e ir movendo a ficha ao longo dun taboleiro en espiral formado por cadros, tendo algúns deles asociadas accións especiais como bonificacións ou castigos.

A diferenza do xogo clásico, neste, cando alguén cae nun cadro deberá superar unha proba para poder ficar nel, evitar un castigo, etc. Para gañar a partida é preciso chegar até o último cadro e superar a súa proba.

A versión publicada é monousuario, mais para comezos do verán aparecerá a versión final que permitirá xogar entre varios xogadores.

Animádevos a xogar en: http://www.as-pg.com/curuxa


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 29-05-2009 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
+ Internet + Galego + Futuro




O 17 de maio celébrase o Día de Internet, o Día das Letras Galegas e o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, e a Consellaría de Economía e Industria desde a páxina + Internet + Galego + Futuro ofrécenos información sobre o autor homenaxeado este ano, "Ramón Piñeiro", e tamén sobre todas as actividades que se desenvolvan para difundir e normalizar a nosa lingua, tanto no día a día como a través dos novos medios de comunicación e información que nos brinda a rede de redes.

Ademais estanse a sortear 7 memorias USB cada día. Só tes que premer aquí e encher un pequeno cuestionario e saberás ao momento se gañaches unha.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 13-05-2009 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Un agasallo para compartirmos
blog maneiro
Os amigos da Ponte Vella (blog Blog da Biblioteca do IES Río Miño de Rábade) fixéronnos outro agasallo. Despois de poñernos o selo violeta, agora engádennos na lista dos blogs maneiros, o que é o mesmo que chamarnos xeitosos ou feituquiños, e claro, a nós fainos ilusión.


Pero para ser maneiro de pleno dereito hai que cumprir os seguintes requisitos:

- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Exhibir o nome do blog que concedeu o premio.
- Indicar outros 10 blogs propostos para seren maneiros.
- Comunicar o premio aos blogs seleccionados.
- Publicar as regras.
- Comprobar que os blogs premiados seguen as normas.


Polo tanto, recibida a honra, procedemos a seleccionar dez blogs maneiros, o cal nos parece moi difícil, porque son moitos os blogs maneiros no blogomillo e só podemos escoller dez... Mais poñémonos mans á obra e nominamos os seguintes dez blogs adicados a facer visible parte do traballo que os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística levan adiante na rede:

O castelo da lúa (blog do ENDL do IES Félix Muriel que publica continuamente colaboracións de alumnos e alumnas do mesmo).

Coordenadora de Equipos de Normalización de Ferrolterra (blog da Coordinadora de ENDL da comarca de Ferrol)

Enredeir@s da lingua (rede social do alumnado do ENDL do IES da Pobra do Caramiñal).

O falar non ten cancelas (blog do ENDL do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia).

Heroínas de Sálvora (blog do ENDL do CEIP de Aguiño)

Illa dos Ratos (blog do ENDL do IES Coroso de Ribeira sostido polas colaboracións de alumnos e alumnas do mesmo)

Na lingua de todos (blog do ENDL do CPI don Aurelio de Cuntis).

Pedriñas (blog do ENDL do IES Pontepedriña).

Paraugas da lingua (blog da Coordinadora de ENDL da Barbanza).

A tabarra dixital (blog do ENDL do IES da Pobra do Caramiñal)


Deixa o teu comentario (3) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 27-04-2009 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
O Selo Violeta
Os amigos do blogue Ponte Vella agasalláronnos co Selo Violeta. Se recibir un agasallo sempre é agradable, moito máis o é aínda cando está envolto na cor violeta da maxia.



Cóntannos que: “O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".



As regras para aceptar o Selo Violeta son:

- Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras.
- Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
- Avisárllelo aos indicados, non hai que esquecerse diso!
- Escribir dous poderes máxicos que imaxinaches ter.

Por suposto, nós aceptamos o Selo Violeta e declaramos que para nós tamén son Blogues Violeta:

Son de Poetas

Mil Primaveras

Na lingua de todos

E deixamos aquí escrito, para quen o queira saber, que os nosos dous poderes máxicos, na realidade superpoderes, son o cariño ilusionante dos que nos len e a forza da nosa lingua, que é como a raíz do toxo verde...


Deixa o teu comentario (4) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 22-04-2009 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
BLOGS DE LINGUA E LITERATURA

Blogs de profes, institutos, ENDL e SNL nos que se fala de lingua e de literatura.

A PROFA
Blog da profesora Pilar Ponte sobre lingua e literatura.
http://aprofa.blogspot.com

A TABARRA DIXITAL
Blog do ENDL do IES da Pobra do Caramiñal.
http://atabarradixital.blogaliza.org

AUDIOBLOGUE DO ENDL DO IES DA POBRA DO CARAMIÑAL
Novas, vivencias, reflexións, relecturas… sobre a lingua
http://dinamizacaramial.blogaliza.org

BALBORDO
Blog do ENDL do IES Auga da Laxe de Gondomar.
http://balbordo.blogspot.com

CADERNO DE LINGUA
Blog de aula de Lingua Galega e Literatura.
http://cadernodelingua.wordpress.com

CARTA XEOMÉTRICA
Blog dun profesor de matemáticas que nos achega a máis rabiosa actualidade sociolingüísta.
http://cartaxeometrica.blogspot.com

COORDENADORA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN DE FERROLTERRA
http://www.blogoteca.com/cenlf

ENREDEIRAS DA LINGUA
Espazo de intercambio, aberto a toda a comunidade escolar, do alumnado do ENDL do IES da Pobra do Caramiñal.
http://enredeiras.ning.com

AS ESTELAS DOS RONSEIS
Páxina filial de Trafegando Ronseis na que o alumnado pode comentar, opinar e reflexionar sobre as súas lecturas.
http://trafegandoronseis2.blogspot.com

FALA LONDRES
Blog do grupo de alumn@s de lingua e literatura galega do I.E. Vicente Cañada Blanch de Londres (no 317 de Portobello Road).
http://galegoenlondres.blogspot.com

HEROÍNAS DE SÁLVORA
Caderno do ENDL do CEIP de Aguiño (Ribeira).
http://heroinasdesalvora.blogspot.com

LINGUAPRENDE
Este blog recolle as propostas para a aula derivadas da reflexión sobre o ensino da lingua e literatura de Remexer na lingua.
http://linguaprende.wordpress.com

LITERACTÚA
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.
http://www.blogoteca.com/literactua

LITERALINGUA
Caderno de aula do IES Breamo para a materia de Lingua e Literatura Galega, centrado nos textos literarios.
http://www.blogoteca.com/literalingua

MEDIATECA DE LINGUAPRENDE
http://linguaprende.wordpress.com/mediateca

MENSAXE NUNHA BOTELLA
Caderno dixital do grupo de Técnicas de Expresión Escrita do IES David Buján de Cambre.
http://mensaxenunhabotella.blogspot.com

MIL PRIMAVERAS
http://www.blogoteca.com/galefas

NA LINGUA DE TODOS
Blog do ENDL do CPI don Aurelio de Cuntis.
http://www.blogoteca.com/nalinguadetodos

O MEGO DA ESCOLA
Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.
Merece unha mención especial a sección O CAMÍN DE SARMIENTO DE MARÍN AO BIERZO, na que se publican os estudos sobre a formación da lingua galega feitos en colaboración entre alumnado de 4º de ESO do Bierzo e de Marín.
http://www.blogoteca.com/omegodaescola

PEDRIÑAS
Blog do ENDL do IES Pontepedriña.
http://www.blogoteca.com/pedrinhas

PLANETA EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Planeta de webs interesadas na normalización e dinamización lingüística e moi especialmente de ENDL.
http://www.planetaki.com/normalizagaliza

PONTE VELLA
Blog da Biblioteca do IES Río Miño (Rábade)
http://rabade-biblioteca.blogspot.com

REMEXER NA LINGUA
Blog centrado na procura de prácticas didácticas coas TIC en lingua e literatura.
http://remexernalingua.blogaliza.org

REVOLTA DA FREIXA
Bitácora de aula de lingua.
http://revoltadafreixa.blogspot.com

SON DE POETAS
Antoloxía da poesía galega musicada.
http://sondepoetas.blogspot.com


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 18-04-2009 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
A vida nos ríos galegos
Foto dunha lontra

Este é o nome da magnífica web de Secundino Lorenzo Fernández. Nela podemos atopar moitísima información sobre a flora e fauna que habita os nosos ríos, á beira deles ou non lonxe dos mesmos. Árbores, plantas, brións, peixes, aves, mamíferos, réptiles, anfibios, insectos..., pero tamén denuncias, lendas, contos, poemas, fotos..., que nos axudan a coñecelos mellor e quererlles máis.

Esta páxina naceu no ano 2000 como unha colección de fichas e imaxes dos seres vivos que habitan nos ríos galegos e na actualidade conta con 483 fichas. En http://www.rios-galegos.com, tanto podemos escoitar o canto do reiseñor ou o do paspallás, como descubrir a rosa do amor. Podemos admirar a beleza do capudre ou serbal dos cazadores, coñecer como eran as ferrerías doutrora ou ler poemas nos que os ríos son os protagonistas, como o que César Antonio Molina lle adicou ao Eume.

Con este traballo, o autor pretende amosar a vida dos nosos ríos e a necesidade de protexelos dun mal chamado progreso que non os respecta. Desde aquí mandámoslle os nosos parabéns.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 02-03-2009 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
2ª edición do Dicionario CLUVI inglés-galego
O Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo vén de presentar a segunda edición do Dicionario CLUVI inglés-galego.

Pódese consultar de balde no enderezo http://sli.uvigo.es/dicionario.

Trátase dun dicionario de 20.000 entradas e 30.000 acepcións con cadanseu exemplo de uso real tirado dun corpus de máis de 8 millóns de palabras. É o máis completo dicionario inglés-galego que existe.

O dicionario está elaborado a partir do corpus CLUVI (Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo, de acceso tamén libre en http://sli.uvigo.es/CLUVI), que está formado por máis de 10 millóns de palabras. Este feito provoca que ao procurar unha palabra se devolva un resultado empregado nun texto real, xunto con varias informacións gramaticais e de uso.

A editorial Reverso ten previsto publicar unha versión impresa, pero a versión electrónica seguirá na rede e de balde.

Tanto se empregades o Mozilla Firefox 2 como o Explorer 7, podedes descargar, da propia páxina do dicionario (http://sli.uvigo.es/dicionario/clig.html), o motor de busca para integrar o dicionario no voso navegador, deste xeito podedes consultar o dicionario CLUVI directamente dende a caixa de busca de Firefox ou de Explorer, sen necesidade de ir ás páxinas do SLI.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 06-02-2009 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Os meus favoritos

Con este nome editou o Concello de Carballo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, unha axenda de enderezos de Internet moi completa e interesante.

Coincidindo co Día das Letras Galegas de 2008 repartiu a axenda, pero, se che interesa, podes descargala en formato .pdf aquí.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 06-02-2009 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Torre de Hércules, Faro da Humanidade
Hoxe seguimos a suxestión de Noemí López e incluímos aquí a páxina web de apoio á candidatura da Torre de Hércules a Patrimonio da Humanidade:

www.farodahumanidade.com


A Torre de Hércules é o único faro do mundo de orixe romana que se conserva en activo.

Aí estivo ela acompañando como ninguén o día a día da cidade e aí segue...

Cantas historias nos podería contar se quixese... Quen sabe se un día, cando as pedras falen... Ou mellor, cando aprendamos a escoitalas...





A imaxe corresponde
ao logo da candidatura
deseñado por Isaac Díaz Pardo.
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-06-2008 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
Xa temos JUJEL, o buscador galego


Agora os galegos xa non nos podemos queixar porque temos un buscador para nós: Jujel Jalisia... Podemos atopalo en www.jujel.es.

Estarédesvos a preguntar: Que demo é iso? Pois iso é basicamente tres cousas: un servizo público, un experimento en cooperación con Google Inc. para limitar as búsquedas a referencias galegas, e unha páxina simpática para chamar a atención e pór en liña dous fenómenos manifestos como son a gheada e o seseo no territorio galego.

Un apuntamento importante é que usan o J (inexistente en galego). Tomádeo coma unha licenza dos autores para abreviar na escritura dado que estamos a troulear e teclear 'GhuGhel' non queda moi ben nin é cómodo, non si? Explican tamén que non é ningunha burla, xa que a gheada e o seseo son moi comúns entre os galegos. Houbo quen preguntou por que é .es. Pois porque non hai de momento .gal. Parécevos unha resposta convincente?

Pois nada máis, só dicir que moitos galegos xa a temos como páxina de inicio e que é unha boa forma de apoiar o idioma.

Artigo realizado por Silvia Legaspi Grueiro (3º ESO - D)




Deixa o teu comentario (3) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 28-02-2008 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
PÁXINAS FAVORITAS


Dicía unha campaña da Universidade de Santiago que “en galego estamos no mundo”. O galego identifícanos e as páxinas web en galego son unha garantía de proximidade, pero ademais internet é unha ferramenta de comunicación que pode e debe integrarnos nun contexto global desde a nosa identidade.

Aínda que falta moito camiño por percorrer, son xa moitas as páxinas web en galego imprescindibles para coñecer a nosa realidade. O curso pasado, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo realizou unha pequena selección desas webs para poder compartilas convosco. Agora podedes acceder a elas desde As Gabarras entrando na sección de Páxinas Favoritas do blog. Agardamos que esta iniciativa contribúa ao uso da nosa lingua no ciberespazo, ao tempo que permita o coñecemento da creación artística, da literatura, da música, do deporte, do ensino, etc, que se están a facer en Galicia. Porque aínda temos moito que compartir e podemos facelo en galego.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-02-2008 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
ARTES PLÁSTICAS

CGAC. CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA
http://www.cgac.org

COLECCIÓN CAIXANOVA
http://www.coleccioncaixanova.com

FUNDACIÓN CAIXA GALICIA
Ademais da Colección de arte Caixa Galicia, nesta páxina podemos atopar información das sucesivas exposicións que teñen lugar nas diversas sedes da Fundación Caixa Galicia.
http://www.fundacioncaixagalicia.org

FUNDACIÓN LUÍS SEOANE
http://www.luisseoanefund.org

MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA
http://museobelasartescoruna.xunta.es

MUSEO DE PONTEVEDRA
http://www.museo.depo.es


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-02-2008 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet