AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

As herbas ou o cacho de San Xoán


Fotos: Xoán Arco da Vella


As tradicións populares non asumidas polo cristianismo foron combatidas por Martiño de Dumio, bispo de Braga no s. VI, mais non puido impedir que herdaramos costumes como o de ir por auga emanada de sete fontes para facer o cacho a véspera de San Xoán.

0 cacho obtense de recoller herbas e plantas aromáticas de eficacia medicinal. A tradición oral insiste en que o cacho serve para quitarnos o demo do corpo, alonxar as bruxas e curar a envexa.

Fonte: Canle de XOANARCODAVELLA


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 07. Patrimonio Inmaterial - Publicado o 24-06-2012 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Os vínculos do patrimonio material co inmaterial


Unha nova vía para a memoria cultural, conferencia de Manuel Gago no TEDxGalicia 2011 na que o xornalista fala do núcleo do sistema operativo máis potente e versátil do planeta, o máis avanzado: a cultura, que é a interfaz co mundo físico.


Fonte: Capítulo cero


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 07. Patrimonio Inmaterial - Publicado o 28-04-2012 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
Recursos para o Nadal


A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística ofrece todos estes recursos para o Nadal.


Preme aquí para entrar.











Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 07. Patrimonio Inmaterial - Publicado o 15-12-2010 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Pandeiro de catro esquinas. Por Maruxa das Cortellas
Pandeiro de catro esquinas
non se toca cunha man
dállo á miña cuñada
a muller de meu irmán.


Maruxa das Cortellas tocando esta famosa jota co pandeiro para o Alalá.



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 07. Patrimonio Inmaterial - Publicado o 03-02-2010 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
Cultura común galego-portuguesa

O patrimonio imaterial representa a fonte vital dunha identidade profundamente enraizada na Historia e comprende o conxunto de formas da cultura tradicional e popular ou folclórica, é dicir, as obras colectivas que emanan dunha cultura e se basean na tradición. Estas tradicións transmítense oralmente ou mediante xestos e modifícanse co decorrer do tempo a través dun proceso de recreación colectiva. Inclúense nelas as tradicións orais, os costumes, as linguas, a música, os bailes, os rituais, as festas, a medicina tradicional e a farmacéutica, as artes culinarias e todas as habilidades especiais relacionadas cos aspectos materiais da cultura, tales como as ferramentas e o habitat.

A índole efémera deste patrimonio intanxíbel tórnao vulnerábel. A salvaguarda deste patrimonio debe partir da iniciativa individual e recibir o apoio das asociacións, especialistas e instituicións.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 07. Patrimonio Inmaterial - Publicado o 02-02-2010 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Cantando o Rancho dos Reis nos Açores e danzando o Rancho de Reis na Galiza
Rancho dos Reis na Ilha do Corvo, Açores:


Rancho de Reis de Guláns (Ponteareas) no III encontro de Ranchos de Reis celebrado en Mondariz:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 07. Patrimonio Inmaterial - Publicado o 07-01-2010 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
Danza de Reis de Guláns (Ponteareas)
Cada 7 de xaneiro ten lugar na igrexa de Guláns esta danza de reis:



Fonte: Malmequer


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 07. Patrimonio Inmaterial - Publicado o 07-01-2010 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Canto de Reis
"Canto de Reis" interpretado pola Asociación de Coros e Danzas Eidos na sesión celebrada o luns 22 de decembro de 2008 no Fórum Metropolitano da Coruña.




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 07. Patrimonio Inmaterial - Publicado o 07-01-2010 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
As danzas de Reis
As Danzas ou Ranchos de Reis forman parte do patrimonio inmaterial que se conserva vivo no norte de Portugal (Cantos de Janeiras) e no sur de Galiza.

Danzas con paus, castañolas e arcos son, segundo afirman algunhas hipóteses, o resultado do intercambio cultural producido pola emigración en Cuba e Brasil.

Danzas gremiais e pagás cristianizadas que hoxe perviven en varios puntos da xeografía galega e das que nos fala Luis Prego, director de Brincadeira en Compostela, neste documento de A Nosa Terra TV.



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 07. Patrimonio Inmaterial - Publicado o 06-01-2010 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
Canto de Reis de Negreira de Vilamaior
"Canto de Reis de Negreira de Vilamaior" interpretado por membros da Asociación Cultural Donaire na gala celebrada o 22 de decembro de 2008 no Fórum Metropolitano da Coruña.




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 07. Patrimonio Inmaterial - Publicado o 06-01-2010 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
Canto de Reis de Santaia de Moar
Este "Canto de Reis de Santaia de Moar" foi interpretado polos Obradoiros de Cantos de Reis do Concello da Coruña, no Fórum Folk, o luns 22 de decembro de 2008.


Canto de Reis de Santaia de Moar

San Xosé e mais María
eles ían para Belén
ían cantando nos reis
cantémolos nós tamén.

Ían de vila en vila
e de lugar en lugar,
en busca de Xesús Cristo
non o puideron topar.

Foron dar con el a Roma,
revestido no altar
misa nova vai dicir,
misa nova vai cantar.

Aquela pombiña branca
que está enriba no altar,
ela é Nosa Señora
ela vénnos visitar.

San Xosé bota as redes
por riba de San Bernaldo
toma nena este paniño
mándanos o aguinaldo.

Aquí hai mociñas
que gastan peineta,
que nos han de dar
a media peseta.

Aquí hai mociñas
que gastan refaixo,
que nos han de dar
o que traen por baixo.

Aquí hai mociñas
que gastan salero,
que nos han de dar
o viño no xerro.

Recompilación de cantos de reis.

Máis información sobre os cantos de reis.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 07. Patrimonio Inmaterial - Publicado o 06-01-2010 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
Os libros do Apalpador
Aínda que o Apalpador pertence ao noso patrimonio inmaterial e chegou a nós oralmente, nos últimos anos estase traballando moito pola súa divulgación, por iso na actualidade xa dispoñemos de versións escritas e ilustradas do Apalpador. Velaí os tres libros infantís que nos presenta o Blog Dálle un coliño:




Antón e o Apalpador (nesta ligazón podedes lelo on-line)
Manuel Castro, Mar Ameixeiras
Ilustracións: Francisco Ameixeiras
Barafunda Editorial, 2009





O Apalpador (nesta ligazón podedes descargar o conto en pdf, aínda que tamén o podedes atopar sen problema nas librarías)
Xoán G.
Biblos, 2009
ISBN: 978-84-937323-5-6





O conto do Apalpador (nesta ligazón remítenvos a onde mercar o conto)
Lúa Sende, A. Figueroa
Ilustracións de Leandro Lamas
Contos para miúdos




Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 07. Patrimonio Inmaterial - Publicado o 17-12-2009 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
O Apalpador no Courel
Fina de Ferramulín fala do Apalpadoiro, que é como lle chaman nesta parte do Courel ao Apalpador ou Pandigueiro.



Vídeo gravado en xaneiro de 2009 pola Associaçom A Volta Grande do C@urel.


Fonte: Blog Dálle un coliño


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 07. Patrimonio Inmaterial - Publicado o 17-12-2009 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
Este Nadal volta o apalpador
O apalpador
O vello Apalpador é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos e nenas polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Se non, calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

Para saber do Apalpador, MARUXA DE BAIO (alcume de Sofía de Labañou), dinos que só temos que ir pasear, cando escampe, ben abrigadiños, polos soutos, polo montes, e sentir a súa presenza detrás dalgunha árbore, como vemos e sentimos as pegadas das lebres, do corzo, do lobo ou do xabarín...

Web do Apalpador

Tarxetas do Apalpador

Máis información sobre o Apalpador no Vieiros da Escola


Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 07. Patrimonio Inmaterial - Publicado o 15-12-2009 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
Xa está na rede o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade
Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade
Preséntase no Museo do Pobo Galego o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI), traballo que xurdiu da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial, que creou o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego.

Nos momentos iniciais, o proxecto contou cunha abondosa "materia prima", consistente nunhas 600 fitas recollidas de informantes da Galiza rural directamente, ou baixo a súa dirección, por Xosé Luís Rivas, Mini, e Baldomero Iglesias, Mero, nos últimos 35 anos.

Tamén se dispuña no fondo do Museo dunha colección de gravacións realizadas en 1994, como resultado do proxecto interactivo museo-escola Recupera-la tradición oral.

Despois dun laborioso proceso de tratamento das gravacións orixinais, transcrición e construción dunha base de datos, o APOI está en condicións de entrar en funcionamento e desde aquí dámoslle a benvida.

http://www.apoi-mpg.org


Fonte: Vieiros (25/06/2009)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 07. Patrimonio Inmaterial - Publicado o 25-06-2009 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet