AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Pranto matricial. 2nafronteira
Música do dúo galaico-italiano 2nafronteira para un poema de Paz-Andrade, "Pranto matricial", que el adicou ao retorno de Castelao a Galiza. Gravado no estudio de Gino Borio, Cascinette d' Ivrea, abril 2012.




NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte;
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti chegues polo mare;
cando ti chegues polo mare...

Galiza, 1954


Valentín Paz-Andrade, Pranto matricial, 1955
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 17-05-2012 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Oitenta e nove mil primaveras máis (para Valentín Paz-Andrade)
Rapaces e rapazas do CEIP de Barrantes de Tomiño (Pontevedra) gravaron unha biografía cantada de Valentín Paz-Andrade. O título da canción, “Oitenta e nove mil primaveras”, é unha homenaxe implícita aos 89 anos de vida do autor homenaxeado e tamén ao epitafio de Cunqueiro.

Máis información sobre a canción




Ensaiando as Oitenta e nove mil primaveras máis:




Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 16-05-2012 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia como tarefa. Valentín Paz-Andrade

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 15-05-2012 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
Telexornal sobre Valentín Paz-Andrade
Informativo realizado nos estudos do CPI dos Dices en Rois que repasa a vida e a obra de Valentín Paz-Andrade:



Cuestionario proposto por Loli Cid Cid no blog Romasanta:

Preguntas Vido Telexornal Paz Andrade



OUTRAS ACTIIVIDADES SOBRE A FIGURA DE VALENTÍN PAZ-ANDRADE


MATERIAIS DO SEMINARIO GALÁN para imprimir e actividades en liña para infantil e primaria, que tamén poden usarse en 1º de ESO.


LIM SOBRE VALENTÍN PAZ-ANDRADE, realizado polo CEIP de Rebordáns de Tui (Pontevedra), onde podedes realizar actividades en rede de diversa índole como crebacabezas, sopas de letras...


VALENTÍN PAZ-ANDRADE. EMPRESA EN GALEGO. Iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) para dinamizar o mundo empresarial.


Máis información:

Web de Valentín Paz Andrade

Valentín Paz-Andrade na web da CGENDL

Valentín Paz-Andrade na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 15-05-2012 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
Felices Letras!
No Caderno de Lingua descubrimos esta pequena xoia para celebrar as Letras: o grupo de infantil (5 anos) do CEIP Felipe de Castro de Noia interpreta o poema "Revisando os danos", de Lois Pereiro, durante unha clase de Educación Física:



A man dereita á dereita do corpo,
a man esquerda á esquerda.
En plenas facultades,
teño a cabeza no centro do mundo
e voulle cambiando os argumentos
ós meus soños escasos e prudentes.

nadal, 94

Poemas póstumos (1992-94)

PEREIRO, Lois, 1995, Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995, Santiago de Compostela: Positivas


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 17-05-2011 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Modesta proposición. Lois Pereiro
AGORA AÍNDA TEÑO OPCIÓN PARA EXILIAR O MEU ESPÍRITO NO ÁRTICO, EN ASIA OU NO NEPAL, E TEÑO PERMISO PARA QUE NADA HUMÁN ME SEXA ALLEO. POR ISO PODO DECIDIR MILITAR NA MIÑA PROPIA LINGUA, "PORQUE QUERO, ME PETA E ME DA A GAÑA..." MOITAS CULTURAS SE CRUZAN NO MEU ESPÍRITO E NO MEU CORAZÓN NON HAI FRONTEIRAS. NINGUÉN ME IMPEDIU NUNCA SER MÁIS CRÍTICO E SARCÁSTICO CO QUE EU SINTO MEU, PROPIO E HERDADO.

DEFENDÁMONOS, LOGO, CALADAMENTE, CON FURIA, OU CON HUMOR TIBETANO, PERO NON TRANSIXAMOS CUNHA SOIA AGRESIÓN MÁIS, PORQUE OS ATAQUES ESTÁN SENDO MÁIS SUTÍS, MÁIS CHEOS DE ARGUMENTOS, DE FALSA ERUDICIÓN, EN NOME DO PROGRESO OU DUNHA INCERTA IRMANDADE UNIVERSAL QUE SÓ AVANZA CARA A UNIFORMIDADE TECNOLÓXICA. ESTÁ EN XOGO A NOSA SUPERVIVENCIA, E NON SÓ COMO POBO, SENÓN COMO SERES HUMÁNS: OS MESMOS QUE DESDE AS SÚAS ORIXES COMA ESPECIE FORON CREANDO MILLEIROS DE LINGUAS E CULTURAS QUE PERVIVEN OU NON, CREADAS POLA PURA NECESIDADE DE AUTOSUPERACIÓN E TRASCENDENCIA DO ESPÍRITO HUMÁN.

A REFLEXIÓN, AS IDEAS, A CREACIÓN OU AS PALABRAS. A ARTE E A CULTURA É SEMPRE O QUE ME SALVA DA TENTACIÓN DA MORTE, E ME ANIMA A REINICIAR, A REANUDARME NO COÑECEMENTO E NA TRANSFORMACIÓN DA MIÑA ALMA EXTRAVIADA.


Lois Pereiro, Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 17-05-2011 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
A obra de Lois Pereiro

Aínda que Lois Pereiro só publicou dous poemarios en vida, unha parte importante da súa obra foi publicada despois da súa morte. Accede á bibliografía de Lois Pereiro na CGENDL



Pero ademais de ler os seus libros, na actualidade tamén podemos escoitar a súa voz en entrevistas que lle fixeron para a radio, o poeta falando da súa obra e recitando os seus versos, poemas seus recitados por outra xente ou cantados... Escóitao na fonoteca da CGENDL.


MÁIS POEMAS DE LOIS PEREIRO no blog Literalingua


A continuación temos a Arturo Casas, Antón Losada, Paco Macías, Antón Patiño e Antón Lopo lendo cinco poemas de Lois Pereiro nun vídeo de Luís Aldegunde e Sara Paz:




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 13-05-2011 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
Lois vive



Teaser do documental baseado na vida e obra do falecido poeta galego Lois Pereiro. Xunto coa achega musical de Manu Clavijo, este documental pretende homenaxear nunha doble vertente, a figura deste magnífico escritor e artista: por un lado a súa parte máis humana e por outro, a súa rica faceta literaria.

Guión e realización por Gonzalo Enríquez. Produción de Mr Misto Films.

Máis vídeos na web da CGENDL sobre Lois Pereiro e sobre a súa obra.
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 13-05-2011 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
Lois Pereiro por Séchu Sende

"Lois dentro dumha caixinha" por Séchu Sende

A imaxe publicouna Séchu Sende no seu blog, Made in Galiza (13/03/2011), onde nos permite gozar de máis imaxes desta pequena obra de arte.



Vía: Web de Lois Pereiro


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 13-05-2011 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Lois Pereiro

Na foto está Lois co seu irmá Xosé Manuel na praia de Riazor. (Arquivo familiar Sánchez Pereiro)


Mar Sueiro subíu á rede unha interesante e concisa AUDIOBIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO que podemos escoitar aquí:



A continuación temos unha presentación sobre o poeta Lois Pereiro realizada polo EDLG do CEIP As Covas (Meaño):




Máis información en:

Web oficial de Lois Pereiro

Lois Pereiro na Galipedia

Lois Pereiro na RAG

Lois Pereiro na web da CGENDL


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 13-05-2011 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Está aquí o VENDAVAL LOIS!!!

Anda a rede que ferve coa palabra de Lois Pereiro escrita, recitada, cantada, berrada... e nesa vaga expansiva e contaxiosa, hoxe á noitiña será espallada ao vento a súa poesía desde os catro puntos cardinais, polas vilas galegas e polo mundo adiante.


Está aquí o VENDAVAL LOIS!!! Déixate levar!!!



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 12-05-2011 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
A nosa lingua é a nosa patria

"A nosa lingua é a nosa patria, aínda máis que o propio territorio, nela aínda o descoñecido, nunca é alleo para nós".

"Todo político que non vexa isto, queda fóra, deslexitimado para exercer a representación da súa terra", porque todos somos galegos e todos temos responsabilidade como galegos "que ultrapasan ideoloxías". Responsabilidades "máis profundas" diante das cales "non valen medias tintas". Porque con Galiza e co galego "hai que estar, si ou si". "E non se pode dicir que se está con Galiza cando non se sente a responsabilidade da supervivencia da lingua como meta primordial".

Son palabras que Uxío Novoneyra escribiu en 1987 e que resoaron hoxe na praza do Obradoiro con toda a súa vixencia.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 17-05-2010 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Non, a forza do noso amor non pode ser inútil


Poema caligráfico de Uxío Novoneyra
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 17-05-2010 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
Poemas de Uxío Novoneyra
uxío novoneyra 2mil10

Precioso traballo do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Elviña (A Coruña) con poemas de Uxío Novoneyra e fotografías de Pablo Menéndez.

Máis poemas de Uxío Novoneyra no blog Literalingua


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 11-05-2010 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
Uxío Novoneyra
Os traballos e os días de Uxío Novoneyra
Vídeo didáctico sobre a figura de Uxío Novoneyra.
CPI dos Dices (Rois) e CPI da Baña.






Unha aproximación a Uxío Novoneyra

Mural que combina presentacións, imaxes, vídeos, audios, animacións e/ou documentos sobre o poeta do Courel confeccionado polo profesor Xano Cebreiro.

WebQuestUxío
Webquest sobre Uxío Novoneyra para Secundaria realizada pola profesora Loli Cid e Dpto. de Lingua Galega do IES David Buján de Cambre


De Sigrás a Novoneyra

Wiki sobre Uxío Novoneyra realizada polo Dpto. de Lingua Galega do IES David Buján de Cambre

Web de Uxío Novoneyra

Biografía, obra, fotografías, vídeos do poeta recitando, vídeos de outros poetas recitando a súa obra, poemas musicados, etc.

Uxío Novoneyra no Centro de Documentación da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega).

Especial Día das Letras 2010 en Vieiros

MATERIAL DIDÁCTICO SOBRE UXÍO NOVONEYRA
Amplísima recompilación de recursos web e actividades en liña sobre Uxío Novoneyra na páxina da CGENDL


Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 10-05-2010 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet