AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Música nas Gabarras

TÍTULOS colocados por orde alfabética:

A festa non vai parar de Dj Son1c (2008)
A forza da palabra de Zënzar (2009)
A lira interpretada por Uxía Senlle e Zeca Medeiros (2008)
A misteriosa de Santiago Auserón (2008)
Adiante de Ruxe-Ruxe
Afundido no lixo de Skacha
Afundido no lixo (tributo a Skacha) de Ruxe-Ruxe
Ai, non de Aid (2008)
Ajárrate de Mercedes Peón
Alalá da noite de Berrogüetto (2011)
Amei-te tanto esta tarde interpretada por Fanny+Alexander (2007)
Anduriña por Juan Pardo e Joan Manuel Serrat (1997)
Anduriña por Beat & Magín Blanco (2008)
Anju Kitahara de Emilio José (2009)
Apagha a tele de Dios Ke Te Crew (2006)
Azou por Azou
As cores do solpor de Loretta Martin (2006)
Bilingüismo Harmónico de Leo i Arremecághona! (2007)
Calamar por The Homens (2007)
Camiños de Lamatumbá (2008)
Cantar de Salcedo de Xabier Díaz (2007)
Canto de serea de Magín Blanco e Burgas Beat (2008)
Chuliboy de Projecto Mourente (2008)
Deitado fronte ao mar de Dios Ke Te Crew (2006)
En Leonberg por Manu Clavijo (2011)
Era un airiño soave por Kedro & Dj Kiko (2008)
Escola hip-hop de Puto Coque e Wöyza (2007)
Espida de credo de Fanny + Alexander (2009)
Estamos chegando ao mar de Bibiano (1976)
Eu só de Projecto Mourente (2008)
Europa e o ballet de Ataque Escampe (2009)
Galicia dos Carunchos (2009)
Galicia es una mierda de Ataque Escampe (2008)
Galicia está de festa por Dj Son1c Feat. Isis (2011)
GgAaL-EGO de El Puto Coke (2010)
GZ vs Sementar Sementarei de Sonico dB (Dj Goro e Dj Christian) (2002)
Herdeiros da ditadura de Dios Ke Te Crew (2006)
Manolo Kazolo de Machina (2009)
Marabilla de Mercedes Peón (2000)
Maxicamente vello de Roi Casal (2011)
Narcisismo de Radio Océano (1984)
Ninfa das frescas augas de Roi Casal (2008)
Ninguén de Dios Ke Te Crew e Quempallou (2007)
O merengue do porquiño de Joselito (2009)
O pozo de Arán de Carlos Núñez (2000)
O tren de Andrés do Barro (1969)
Os animais de Luar na Lubre (2007)
Os piores inimigos de Projecto Mourente (2008)
Os vellos punks non morren de Ruxe-Ruxe (2012)
Paralá de Mercedes Peón (2007)
Pardeconde de Gran Purismo (2007)
Por ti de Aid (2010)
Por verte sorrir de Hugo Torreiro (2009)
Quedamos nesa praza de Som do Galpóm (2009)
Rock and Roll de Ruxe-Ruxe (2008)
Rock do país de Ruxe-Ruxe (2012)
Rumba das apertas de Magín Blanco, Guadi Galego, Ugia Pedreira e Uxía Senlle (2010)
Salitre de Xabier Díaz (2004)
Sanabria de Xabier Díaz (2007)
Santiago de Narf (2007)
Segunda división de Ataque Escampe (2011)
Sen ti por Dj Son1c Feat. Isis (2010)
Tempos de muller por Wöyza (2008)
Un canto a Galicia de Julio Iglesias (1972)
Xigantes de Ruxe Ruxe (2008)
Xente de Berrogüetto (2006)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 27-06-2012 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
Rumba das apertas. Magín Blanco, Guadi Galego, Ugia Pedreira e Uxía Senlle
"Doutor, doutor, recéiteme apertas,
xornadas de portas abertas,
raios de sol de porcelana,
facer o que me veña en gana"

Canción de Magín Blanco interpretada polo propio Magín Blanco con Guadi Galego, Ugia Pedreira e Uxía Senlle no disco-libro A nena e o grilo editado en 2010.



Fonte do vídeo coas apertas dos nenos e nenas do CEIP Xulio Camba: Blog Unha presada de ollomaos

Bo momento para adquirir este disco e outros de Magín Blanco!!!


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 03-06-2012 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Anduriña. Beat & Magín Blanco
Do casamento artístico de Magín Blanco e Burgas Beat nace estoutra versión en galego do clásico de Juan & Junior.

Publicada no ano 2008 no álbum Clic.




Bo momento para adquirir este disco e outros de Magín Blanco!!!


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 03-06-2012 17:54
# Ligazón permanente a este artigo
Rock do país. Ruxe-Ruxe


Videoclip feito por Pixelin Photo

Canción de RUXE-RUXE incluída no álbum "Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras"

Á venda en www.oplup.com
En descarga de balde en: www.ruxeruxe.com

Gravado e producido por Javier Abreu en Oceano Estudios (Nigrán, GZ).

Colaboran en "Rock do País": Bocixa Zënzar, Esteban Skacha e Xabier Diaz (Berrogüetto) nas pandeiretas.



Rock da terra, rock do país,
rock enxebre, rock feito aquí,
rock cargado, rock disparado,
rock sinceiro, rock para ti.

Rock salvaxe, rock guerrilleiro,
rock punkeiro, rock de torreiro,
rock esquecido, rock pisoteado,
rock de fouce en alto, rock contra todo.

...ROCK DA TERRA, ROCK DO PAÍS
SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS
ROCK DA TERRA, ROCK DO PAÍS
SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS...

rock asqueado, rock mosqueado,
rock ferido, rock incendiario,
rock cortante, rock desafiante,
rock fora-ialma, na fura de diante.

Rock molesto, rock insumiso,
rock bravú, rock compromiso,
rock maldito, rock escocido,
rock doente na liña da fronte.

...ROCK DA TERRA, ROCK DO PAÍS
SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS
ROCK DA TERRA, ROCK DO PAÍS
SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS...

Rock que cuspe contra o poder,
rock que fai cancelas caer,
rock profundo, rock de regato,
rock de choiva, vento de outeiro

rock de oceano, rock de semente,
rock da língua, rock da nosa xente,
rock proletario, rock irmandiño,
rock sentido, rock sempre erguido.


...ROCK DA TERRA, ROCK DO PAÍS
SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS
ROCK DA TERRA, ROCK DO PAÍS
SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS...

...SEMPRE EN LOITA, ROCK DO PAÍS...
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 02-06-2012 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
Estamos chegando ao mar. Bibiano
Canción do álbum Estamos chegando o mar publicado no ano 1976:



Bibiano iniciouse na canción galega comprometida no ano 1970, nos derradeiros tempos de Voces Ceibes, nos anos da fin do franquismo.

A súa achega foi incorporar percusión e instrumentos eléctricos (fundamentalmente a guitarra electrica) na canción galega, que até entón só era de voz e guitarra española.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 02-06-2012 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Anduriña. Juan Pardo e Joan Manuel Serrat
"Anduriña" (Alma Galega, 1997).

Esta é unha versión en galego cantada por Juan Pardo e Joan Manuel Serrat do que foi o último gran éxito do dúo Juan y Junior en 1968, que só tiña en galego o título.






Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 02-06-2012 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Un canto a Galicia. Julio Iglesias
Así cantaba a Galicia Julio Iglesias en 1972:





Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 02-06-2012 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
O tren. Andrés do Barro

No ano 1969 Andrés do Barro cantaba en galego o seu maior éxito. Os manifestos atrancos para a expresión musical en galego daquel tempo non impediron que "O tren" se situase como número un nas principais cadeas radiofónicas de España, convertíndose na primeira canción en conseguilo. Cantas máis o conseguiron dende aquela?



O eumés Andrés Lapique do Barro (1947 - 1989), coñecido como Andrés do Barro, foi un dos primeiros cantantes que utilizou o galego durante a ditadura franquista e pioneiro do pop en Galicia.

Con estas palabras presentou o seu primeiro disco: “Me llamo Andrés Lapique do Barro y os presento unas cuantas de mis canciones. Hoy son en gallego porque así las he sentido y porque quiero colaborar con todo interés y cariño a dignificar mi idioma materno, caído durante muchos años en el más cruel menosprecio”.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 02-06-2012 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Segunda división. Ataque Escampe


Videoclip do tema "Segunda división", incluído no disco Violentos anos dez (2011) de Ataque Escampe.

Escrito e dirixido por Miguel Mosqueira.
Realizado e mesturado por Samuel Solleiro.
Gravado en agosto de 2011 en Compostela e Outes.


Pódese descargar de balde Violentos anos dez


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 24-05-2012 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Afundido no lixo (tributo a Skacha). Ruxe-Ruxe


Sentida homenaxe dos Ruxe-Ruxe ao "Afundido no lixo" de Skacha, que xa é un "clásico" do punk-rock galego.

Ruxe-Ruxe versionou este tema con motivo da celebración dos XX anos de SKACHA (2011) e do disco tributo CANTA HISTORIA NA BARRIADA - XX ANOS DE SKACHA.


Máis Skacha no Myspace

Máis Ruxe-Ruxe no Myspace
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 24-05-2012 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
Afundido no lixo. SKACHA


Hoxe teño un día deses q me dá por chorar
Hoxe teño eses dias nos q estás kerendo non estar
Rodeado de merda busco onde respirar
Afundido no lixo a luz non é doada de atopar

Tódalas novas q escupe o meu televisor
Enrruganme o alma sinto como racha o corazón
Vexo terras violadas,mortes,vexo rir un cabrón
Vexo nenos currando,vexo enriquecerse á relixión.

Parade esta merda (Non contedes con nos).
Nos non somos parte do guión.
Non somos de aceiro (non somos coma vós)
Sentimos racha-lo corazón

Hoxe teño un día deses q me dá por chorar
Hoxe teño eses dias nos q estás kerendo non estar
Rodeado de merda busco onde respirar
Afundido no lixo a luz non é doada de atopar

Parade esta merda (Non contedes con nós).
Nós non somos parte do guión
Non somos de aceiro (non somos coma vós)
Sentimos racha-lo corazón


Web de Skacha

Skacha no Myspace


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 24-05-2012 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
Adiante. Ruxe-Ruxe
Impresionante tema do disco Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras da banda de rock Ruxe-Ruxe, que hoxe, no Día das Letras Galegas, agasállanos deixándonolo descargar de balde!



Videoclip feito por Pixelin Photo
Gravado e producido por Javier Abreu en Oceano Estudios (Nigrán, GZ).


ADIANTE

O tempo pasa e é que o tempo non para
mentres arredo das nostalxias do pasado...pero
os cemiterios vanse enchendo de amores
o corazón vai baleirando de amizades

E a cada paso malo e a cada mal momento
miro de erguerme, poñome en pé e berro!!!

ADIANTE, ADIANTE...SEMPRE ADIANTE !!!

...e ás veces son monstros enormes que dan medo,
e ás veces son pantasmas que se meten dentro,
dentro de min no máis profundo do cerebro
e roen todo, esgazan, rompen, rachan todo.

E a cada paso malo e a cada mal momento
miro de erguerme, poñome en pé e berro!!!

ADIANTE, ADIANTE...SEMPRE ADIANTE !!!

...e ás veces cambia o tempo e dóeme todo
e caio ao chan e peto forte contra o fondo,
e "nockeado" collo aire no curruncho,
limpo as feridas, paro a conta e loito

E a cada paso malo e a cada mal momento
miro de erguerme, poñome en pé e berro!!!

ADIANTE, ADIANTE...SEMPRE ADIANTE !!!


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 17-05-2012 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
Os vellos punks non morren. Ruxe Ruxe



Resumo do concerto de estrea do novo disco de Ruxe Ruxe Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras en Santiago na Sala Capitol.

Cámaras: Pixelin e Susi Rodal
Realización e montaxe: PixelinPhoto
Música: Ruxe Ruxe


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 08-05-2012 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia está de festa. Dj Son1c Feat. Isis

Desde que A festa non vai parar de Dj Son1c foi seleccionada para representar a España no festival internacional "Eurodance 2008", o noso músico seguiu compoñendo temas en galego e demostrando que a nosa lingua séntalle moi ben á música dance! Desde 2010 escoitamos e bailamos Sen ti e, como non hai dúas sen tres, desde 2011 podemos gozar de Galicia está de festa.

Aquí temos o videoclip oficial de Galicia está de festa de Dj Son1c Feat. Isis:




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 30-03-2012 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
Eu só. Projecto Mourente


Magnífica e intimista canción do álbum Kara.o.ke de Projecto Mourente, publicado no ano 2008.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 30-03-2012 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet